Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

Maré hoxe

A voz de Marcos Valcárcel

22.05.2009 Recibirá hoxe en Compostela o Premio do PEN "Voz de Liberdade"

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ

Marcos Valcárcel recolleu emocionado o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que se lle entregou o pasado nove de maio polo seu blog FOTO: Axencias
Marcos Valcárcel recolleu emocionado o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que se lle entregou o pasado nove de maio polo seu blog
FOTO: Axencias

Nas últimas semanas, o historiador Marcos Valcárcel vive un continuo trasfego de galardóns e recoñecementos que culminaron co Premio Otero Pedrayo 2009, outorgado a este colaborador habitual de GALICIA HOXE por unha "vida dedicada á cultura e ó coñecemento con talante aberto, dialogante, galeguista e universal, méritos propios da súa obra e da súa persoa". Tamén se lle recoñece a Valcárcel "ser un referente cultural presente e futuro da cultura galega" e o seu labor de investigación e difusión cultural".

Pero a cousa non queda aí e hoxe mesmo recibirá en Compostela o Premio do PEN Voz de Liberdade na súa cuarta edición. Será ás sete da tarde no Hostal dos Reis Católicos, nun acto no que, tras a lectura do acta do xurado, intervirá o presidente do PEN de Galicia, Luís González Tosar.

Tras un laudatorio do galardoado a cargo de Bieito Iglesias, seranlle impostas as premiado as insignias do PEN Galicia e do Internacional e entregaráselle un cadro doado polo pintor Antón Lamazares. Ao acto está previsto que asista o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, así como o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.

Durante o encontro, no que actuará o cuarteto de corda Cimarrón, o PEN Club daralles a benvida ós novos membros do colectivo, Fina Casalderrey, Rosa Aneiros, Anxos Sumai, Miguel Anxo Fernández, Xoán Bernárdez Vilar, Manuel Outeiriño, Antón Riveiro Coello, Miguel Anxo Murado e Ramón Riveiro.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS