Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

reivindicación

"Na Galiza, nasaliza!, na-sa-liza, em galego!"

26.05.2009 Unhas 80 persoas celebran en Santiago o Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M. DOPICO

"25 de Maio, saimos do armário!". "Lusofobia, Nunca Mais!" "Na Galiza, nasaliza!" "Na-sa-liza, em galego!" e "Toalha, toalha, toalha contra Espanha!". Con frases coma estas, un grupo duns 80 lusistas e reintegracionistas reivindicaron onte o orgullo de selo na Praza do Pan de Compostela.

A Norma do Mundo é Nossa (com reintegrata não há quem possa) foi desta volta o lema do Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata, que se celebrou por terceiro ano consecutivo en Santiago, coincidindo coa data na que fans de Douglas Adams de todo o mundo levan enriba todo o día unha toalla en homenaxe ao creador da serie de ficción científica O Guia do Mochileiro das Galaxias.

O actor, director e narrador Quico Cadaval e a xornalista e actriz Comba Campoy fixeron de "mestres de cerimonias" neste acto.

Cadaval chanceou co descoñecemento que existe en Portugal sobre Galiza e a súa lingua e coa teima dalgúns galegos en marcar distancias entre o galego e o portugués, -polo que se referiu ao escritor Xosé Luis Méndez Ferrín e lembrou que tamén hai diferenzas entre o galego das distintas zonas do país-. Non faltaron no seu improvisado discurso as brincadeiras sobre Gloria Lago: "Aos reintegracionistas odíannos os españois, os portugueses e os galegos. Os portugueses non poden aceptar que a súa lingua naceu en España. Por iso, estou convencido de que Gloria Lago está pagada polo Instituto Camoes", e Ramón Piñeiro: "Chufárono como filósofo porque o país é pequeno e temos que amañarnos co que temos".

Cadaval e Campoy leron poemas de Carlos Drumom de Andrade e Xose Luis Peijoto, e o angolano-portugués Paulinho Oliveira realizou a súa achega rapeando.

Quico Cadaval tamén bromeou sobre a marxinación á que as principais institucións da lingua e a cultura do país adoitan someter o reintegracionismo e o lusismo, e pediulles "unha moratoria de dous anos" na que pasasen a utilizar a "verdadeira norma do galego que é a que teñen en Brasil ou en Portugal".

Como nos anos anteriores nos que se celebrou o Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata, os participantes corearon as consignas e cantaron pezas como Tu que és tão "guapa" e tão lista Tu, que mereces um reintegracionista, ficas ao meu lado e o mundo parece mais amável, mais humano em reintegrado, mentres daban voltas arredor da fonte da Praza do Pan, ou Praza de Cervantes, coas súas toallas ben visibles, como correspondía á ocasión.

A festa continuou, despois, no centro social O Pichel.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS