Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

un cine sen director

Fernando Salgado decide deixar sen o CGAI a Simón

10.05.2006 A Xunta descarta o nomeamento de Antonio Simón para dirixir o CGAI tras sumárselle á débeda da subvención un embargo da Seguridade Social á súa produtora

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ. SANTIAGO

Fernando Salgado FOTO: GH
Fernando Salgado
FOTO: GH

O nomeamento de Antonio Simón como director do Centro Galego de Artes da Imaxe, anunciado pola Xunta, tornouse altamente improbábel tras coñecerse que, ademais de ter unha débeda pendente coa Administración autonómica, sobre a súa produtora pesa un embargo da Seguridade Social. Así o aseguraron onte tanto a Secretaría Xeral de Comunicación como o propio Simón, quen afirmou que se sentía vítima "doutros intereses", que buscan ao cabo conseguir control político da filmoteca galega. Di ademais que foi el quen lle solicitou á presidencia da Xunta que paralice o seu nomeamento, para ter a posibilidade de "pór as cousas claras e demostrar que non cometín ningunha irregularidade".

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), que a Xunta pretendía converter en buque insignia do audiovisual galego, segue sen director despois da destitución de José Luis Cabo hai quince días.

Antonio Simón confirma as informacións publicadas nos últimos días que sinalan que ten pendente a devolución á Consellería de Cultura dunha subvención concedida no ano 99 a unha película que nunca se realizou. "Non existe ningunha ilegalidade. Intentei por todos os medios sacar adiante o proxecto pero non fun capaz, e o diñeiro está sen tocar a disposición da Xunta nunha entidade bancaria", asegura. Recorda que o prazo para devolver eses 72.000 euros acaba o 31 de decembro do 2006, e que a semana pasada lle presentou a Cultura a solicitude para facer efectiva a devolución.

Non negou tampouco Antonio Simón que a produtora Manivela, da que é administrador e único empregado, débelle 445.926 euros a Caixanova, entidade que financiou o seu anterior proxecto cinematográfico, La novia de medianoche, e que un atraso nos pagamentos provocou unha orde de embargo. Sen embargo preferiu non afondar neste asunto, aínda que a dirección do CGAI é icompatible coa administración dunha empresa cuxo obxectivo é a produción, dirección e explotación de obras cinematográficas.

Ante a "interesada" saída á luz destes asuntos, Antonio Simón entende que o seu nomeamento como director do CGAI "entrou nunha fase de stand by e posiblemente non se producirá". Segundo el, tras a publicación das súas débedas coa administración están "outros intereses que por tras botan fume e diríxeno ao onde eles queiran".

O certo é que o CGAI foi obxecto dunha longa batalla entre os socios do bipartito, ansiosos por controlar a política audiovisual de Galicia. Despois de que a presidencia da Xunta asegurara o control da institución, a finais de abril anunciouse o inminente nomeamento de Antonio Simón para dirixilo, decisión que se relacionou co PSOE coruñés e co seu principal representante na Xunta, José Luis Méndez Romeu.

Fontes da Secretaría Xeral de Comunicación ven tamén "difícil" a designación de Simón, polo menos "mentres non se arranxe esta situación", e aseguran que polo momento "este é un tema aparcado". Este departamento ten claro que, como defende o propio afectado, no tocante á subvención, "non se produciu ningunha irregularidade". Porén, as mesmas fontes recordan que o Centro Galego de Artes da Imaxe é o órgano que controla as subvencións equivocadas e que, polo tanto, "non sería estético que o titular dunha subvención errada pase agora a controlalas".

Está previsto que o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, faga pública a decisión sobre Simón, durante a rolda de prensa que ofrecerá no CGAI para presentar a programación do centro e as actividades organizadas ao redor do legado gráfico doado a Galicia pola viúva de Julio Cortázar, Aurora Bernárdez.

DATOS

Solución a longo prazo

O endebedamento dunha subvención á Xunta fai incompatible o nomeamento de Antonio Simón como director do CGAI, e o procedemento administrativo que permite a devolución non é rápido.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS