Xoves 18.06.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 6 de 22]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

teatro

Santiago Cortegoso gaña o Premio Dieste

O galardón, que recibe por "0,7 Molotov", inclúe a posta en escena do texto

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

O actor pontevedrés Santiago Cortegoso Calvar, coa obra 0,7 % Molotov, foi a gañador da XIV edición do premio de teatro Rafael Dieste, instituído pola Deputación da Coruña.

A resolución deuna a coñecer onte o presidente da institución, Salvador Fernández Moreda, nun acto que contou coa asistencia da deputada responsable da área de Cultura, Caridad González Cerviño, do comisario do certame, Antonio Simón, e dos membros do xurado Manuel Areoso, Elina Luaces, Alejandro Piñeiro, José Enrique Rivadulla e Teresa Moure, gañadora da edición do ano pasado deste galardón, un dos máis prestixiosos do país.

O premio, ao que concorreron 36 obras, conta cunha dotación en metálico de 6.500 euros e inclúe tamén a edición e posta en escena da peza teatral, que percorrerá varios concellos da provincia coruñesa, "o que supón unha importante proxección para a obra gañadora", subliñou Moreda.

O voceiro do xurado, Manuel Areoso, felicitou tamén o gañador, ao que cualificou como "un home de teatro dende hai moito tempo" e cualificou o texto como unha "interesante reflexión, cunha estrutura moi contemporánea, que é tamén unha crítica de valores que ultimamente se empregan como produto comercial, como a solidariedade ou a caridade".

Segundo explicou Areoso, a obra desenvólvese arredor de dúas personaxes "construídas sobre tópicos como a biodiversidade ou o emprego de enerxías renovables, pero cada tópico que engaden á súa personalidade é un paso máis cara á despersonalización".

O voceiro do xurado destacou, ao mesmo tempo, que a obra emprega "unha linguaxe sucinta, pero de alto nivel poético e dramático", e critica "unha solidariedade tópica para conciencias ben instaladas nunha hipotética sociedade do benestar".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS