Xoves 13.08.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 6 de 18]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

xéneros

O futuro do cómic pasa pola "sensualidade" do papel

Os debuxantes Scott McCloude e André Juillard relatan en "Viñetas desde o Atlántico" a súa concepción da banda deseñada

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Scott McCloud e André Juillard, dous dos grandes nomes da Banda Deseñada, aseguran que o futuro do xénero pasa pola "sensualidade" do papel, malia o avance das novas tecnoloxías e as posibilidades de internet. Os dous debuxantes participaron onte no Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que se celebrará na Coruña.

"O mundo do cómic está sufrindo un cambio", comentou McCloud, quen, con todo, considerou que esa modificación non afectará ao "tradicional" soporte do xénero, xa que, na súa opinión, "o único que logrou internet é darlle máis importancia ó papel". Nesta liña, Juillard defendeu o ambiente "máxico" que rodea á creación do cómic, cos lapis, coas plumas, co papel, coa tinta e co propio debuxo, e que, segundo subliñou, "non se percibe nunha pantalla de computador". Sobre a posibilidade de que o cómic abandone as aventuras e de fantasía para centrarse nunha temática ¡social, McCloud deixou claro que "todo se pode contar" e, de feito, os problemas sociais da actualidade "son un bo foco de inspiración". A idea compartiuna Juillard, quen destacou a Joe Sacco, que ao seu xuízo é un experto en utilizar o cómic como "un medio para a denuncia social".

Tanto o autor francés como o estadounidense referíronse á calidade que está mostrando o cómic nos últimos anos, valorando que "a xente nova achega cousas que motivan os veteranos". Iso motiva, segundo McCloud, que "o cómic sorprenda cada día a máis xente".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS