Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

maré hoxe

O Canido, de Velázquez

06.09.2009 Por segundo ano consecutivo, o barrio ferrolán do Canido cubriu as súas paredes con pinturas alegóricas das ‘Meninas’ de Velázquez. Corenta artistas demostraron onte, como salientou a concelleira de Cultura, Mercedes Carvajales, que Ferrol está lonxe do “letargo” e que se trata dunha cidade culturalmente “viva”.

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Unhas cativas ataviadas como as famosas ‘Meninas’ de Velázquez onte durante a xornada do Encontro Artístico de Canido, en Ferrol FOTO: Kiko Delgado
Unhas cativas ataviadas como as famosas ‘Meninas’ de Velázquez onte durante a xornada do Encontro Artístico de Canido, en Ferrol
FOTO: Kiko Delgado

Corenta artistas participaron onte no Encontro Artístico de Canido, en Ferrol, no que, por segundo ano consecutivo, se cubriron paredes e muros con pinturas alegóricas do cadro Las Meninas de Velázquez, nun evento pictórico co que se trata de poñer en valor unha das zonas máis deterioradas da cidade.

As populares "meninas" que se debuxaron este ano súmanse así ás que xa se pintaron en 2008 en 35 muros do barrio e que aínda son visibles a día de hoxe. Durante todo o día, os artistas inundaron de cor as rúas do barrio, acompañados non só pola mirada curiosa dos veciños senón tamén de música e mais de espectáculos de danza. Ademais, a xornada concluíu cunha sesión de concertos ofrecida por artistas como Al Vila, Roger de Flor ou Alberto Pérez.

A idea xurdiu o ano pasado despois de que o mural artístico que realizara no barrio o coruñés Jorge Cabezas fose cuberto aos poucos días por un veciño con varias brochadas de pintura. O "atentado" contra as "meninas" do pintor coruñés levou a artistas como Eduardo Hermida e Avelino Castro, a propoñer pintores galegos que realizasen unha reinterpretación do cadro das Meninas, para poñer de manifesto a progresiva deterioración da zona.

A iniciativa conta co apoio do Concello. A concelleira de Cultura, Mercedes Carvajales, manifestou a súa satisfacción polo desenvolvemento dun evento que demostra que Ferrol está lonxe do "letargo" que moitos lle atribúen e que en cambio se trata dunha cidade culturalmente "viva".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS