Xoves 01.10.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Maré | Os próximos 30 e 31 de outubro, EXPOCoruna acollerá Mulleres Arte + Parte, un proxecto cultural coorganizado pola Concellería de Igualdade e Participación, polo Concello da Coruña e EXPOCoruña. Ten como obxectivo facer un recoñecemento das achegas sociais e culturais da muller. Este proxecto, presentado onte en EXPOCoruña polos seus promotores pretende ser unha pedra de toque sobre o papel secundario e estereotipado que as mulleres adoitan representar nas diferentes disciplinas artísticas, nomeadamente na música e no audiovisual. Neste sentido, Margarida Vázquez, concelleira de Igualdade e Participación da Coruña sinalou a importancia de iniciativas coma esta, "que dun xeito lúdico e, mesturando o social co cultural, esta iniciativa é a nosa achega para romper con estereotipos discriminatorios para as mulleres, incluíndo por exemplo, a participación da Asociación Intramuros, integrada por un grupo de reclusas da prisión de Teixeiro". Pola súa banda, Henrique Tello, responsable da Área de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo destacou "ademais a importancia de facer visibles as achegas femininas".