Mércores 07.10.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 9 de 16]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

ii edición

Ánxeles Cuña: “O Fito é un referente en Galicia”

O Festival Internacional de Teatro de Ourense recibirá compañías de Arxentina ou Italia

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AGN

Compañías procedentes de Arxentina, Chile, Brasil, Italia, Portugal e España participarán do próximo 24 de outubro ó 1 de novembro no II Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que se celebrará do 24 de outubro ó 1 de novembro. A compañía Atalaya, que recibiu o Premio Nacional de Teatro 2008, participará neste certame cultural na cidade de Ourense. Os compoñentes da compañía andaluza porán en escena a obra A ópera dos tres centavos o próximo 25 de outubro no Auditorio Municipal a partir das 20.30 horas. A Universidade de Vigo, o Concello de Ourense, o Teatro Principal, a Xunta de Galicia e a compañía Sarabela Teatro impulsarán un festival que contén unha programación ampla e variada. Os seus representantes compareceron onte nunha rolda de prensa que tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense para presentar a programación do II Festival Internacional de Teatro de Ourense.

A directora de Sarabela Teatro, Ánxeles Cuña, asegurou que o Festival Internacional de Teatro de Ourense busca converterse na súa segunda edición en "referente para toda Galicia", cunha programación que cualificou como "saborosa, potente e coherente" que pretende satisfacer ata os amantes do teatro clásico, xa que se revisarán tres clásicos dende unha visión contemporánea".

Cuña destacou a representación de Ibeoramérica a través de 5 espectáculos "extraordinarios". De feito, explicou que o FITO contará co "melloriño de Arxentina con dous grandes nomes da escena con recoñecemento internacional" como Daniel Veronese e Rafael Spregelburd, que foron "multipremiados pola Casa das Américas e con máis de trinta premios con status moi forte". Como representación galega actuarán no FITO as compañías Matarile -próximo 1 de novembro no Auditorio-, Teatro Nu -próximo 26 de outubro no Auditorio- e Os Perqtores de Seixalbo -coa obra Percusión, o 24 de outubro na rúa do Paseo-.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS