Xoves 08.10.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Maré | A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) estreará hoxe ás 20:30 horas no Pazo da Ópera da Coruña a ópera Amor vedado, do compositor galego Andrés Gaos, no ano que se cumpre o medio século do seu falecemento. Baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez, a Sinfónica de Galicia contará nesta ocasión para a súa representación coas voces da soprano Marta Matheu, o tenor Albert Montserrat e o barítono José Antonio López. O Coro da OSG, que dirixe Joan Company, completará o apartado vocal. Subtitulada Opera arxentina nun acto en sete escenas, Amor vedado supuxo a única incursión do seu autor no mundo operístico, aínda que nunca chegou a estreala.