Domingo 11.10.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 2 de 5]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

lingua

O léxico que nos une

O vocabulario ortográfico de portugués da Porto Editora incluirá 800 palabras do vocabulario galego escolmadas pola AGLP

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M. DOPICO . SANTIAGO

O profesor João Malaca Casteleiro na súa intervención no seminario da AGLP
O profesor João Malaca Casteleiro na súa intervención no seminario da AGLP

O Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa, publicado por Porto Editora e que chegará ás librarías de Portugal o vindeiro día 14, incluirá 800 palabras do léxico galego. Así o anunciou o profesor João Malaca Casteleiro, coordinador da obra, no Seminário de Lexicologia celebrado esta semana en Compostela pola Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP).

A escolma de léxico galego foi preparada por un equipo de filólogos desta academia dirixido polo profesor Martinho Montero Santalha. "Nós partimos da idea de que galego e portugués son a mesma lingua. Unha vez, no ano 80, preguntáronlle a Carvalho Calero cal era o mellor diccionario de galego, e el respondeu que calquera de portugués. Nos diccionarios portugueses xa había léxico galego, porque é fundamentalmente o mesmo. O que ocorre é que hai palabras que son menos correntes en Portugal, como neno ou anaco. Son formas lexítimas en Portugal, pero menos utilizadas, ou empregadas localmente, no norte, ou tamén en Brasil... O noso traballo foi ese, recoller ese léxico", explicou Santalha.

A novidade é, alén diso, que se indica de modo explícito no vocabulario, segundo afirmou Santalha, que se inclúe o léxico galego porque se trata da mesma lingua que o portugués. Por outra banda, o profesor Evanildo Bechara, coordinador da Comissão de Lexicologia e Lexicografia da Academia Brasileira de Letras, anunciou no seminario da AGLP que este léxico galego se incorporaría tamén á próxima edición do Vocabulário Ortográfico desta institución.

O mesmo dixo o profesor Artur Anselmo, que sostivo que a Academia das Ciências de Lisboa incluirá o léxico da AGLP na vindeira edición do seu vocabulario. "Os vocabularios consisten nunha lista de palabras coa súa categoría gramatical. Non é un diccionario. Fixéronse novos vocabularios para adaptados ao Acordo Ortográfico do 90, daquela modificouse a ortografía dalgunhas palabras", aclarou Santalha.

O vocabulario de Porto Editora ten 180.000 entradas lexicais: 5.000 vocábulos do Brasil, africanismos, asiaticismos... ademais das 800 palabras galegas, incluídas como galeguismos, palabras que deixaron de ter un uso habitual na lusofonía.

MÁIS DATOS

Convenio de colaboración coa Universidade Aberta de Lisboa

O novo vocabulario de Porto Editora, -unha empresa de gran traxectoria e prestixio-, terá, así, menos entradas que a quinta edición, que contaba con 350.000. Na nova obra quíxose restrinxir a relación ao léxico máis frecuente co obxectivo de acadar unha maior difusión entre o público.

Por outra banda, o Seminário de Lexicologia da AGLP acolleu a sinatura dun convenio coa Universidade Aberta de Lisboa para a "promoção das relações e intercâmbios culturais, científicos e educacionais". A AGLP, representada polo seu presidente, o catedrático da Universidade de Vigo Martinho Montero Santalha, e a Universidade Aberta de Lisboa, representada polo seu reitor, Carlos Reis, asinaron un acordo. O vicereitor da Universidade Aberta, Domingos Caeiro, expuxo a oferta edutativa da UAb aos 60 participantes do Seminário da AGLP, explicando as vantaxes do sistema de ensino a distancia.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS