Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

idioma

Premios San Martiño para Carlos Varela e para Franco Grande

31.10.2009 O Premio San Martiño de Normalización Lingüística recoñece o labor de Carlos Varela como fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Xosé Luís Franco Grande (esquerda) recibe o premio a toda unha vida, mentres Carlos Varela, o fiscal xeral do TSXG, recibe o San Martiño no ámbito galego
Xosé Luís Franco Grande (esquerda) recibe o premio a toda unha vida, mentres Carlos Varela, o fiscal xeral do TSXG, recibe o San Martiño no ámbito galego

Hai xa case dúas décadas que o galego ten premio na Estrada. A Asociación Cultural O Brando acaba de anunciar os novos nomes que dende este outono pasarán a formar parte da longa lista de persoeiros e entidades da comarca e de Galicia que contan co premio San Martiño de Normalización Lingüística.

O mundo da xustiza, da cultura e do asociacionismo son os protagonistas desta décimo novena edición. No ámbito galego, o premio outórgase a Carlos Varela García, fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), pola súa implicación na promoción do galego dende hai anos, "en especial en iniciativas que con carácter transversal introduciron o idioma en sectores estratéxicos como o ámbito da xustiza entre outros moitos".

A traxectoria de Carlos Varela sobrancea, precisamente, nun ámbito onde a normalización do idioma propio rexistra unha maior resistencia e onde, tradicionalmente, se producen máis reclamacións por parte dos cidadáns. Porén, Varela mantivo o seu decidido apoio á presenza do galego na Xustiza e a equiparar os dereitos dos galegofalantes.

O premio a toda unha vida é para Xosé Luis Franco Grande, (Tebra-Tomiño, 1936), escritor e avogado, e un dos promotores da Editorial Galaxia e de múltiples iniciativas de carácter galeguista. Franco Grande, membro da Real Academia Galega, foi ademais autor, entre outras obras, dun dicionario galego-castelán, de 1968, que se converteu en referencia indiscutible nos primeiros anos da recuperación do galego. Entre as súas obras, sobrease Os anos escuros I. A resistencia cultural da xeración de La Noche (1954-1960), un ensaio publicado no 1985. Figura emblemática tamén da xeración da posguerra, Franco Grande cultivou o teatro e a poesía. Neste último xénero, publicou no ano 1987 O tempo á espreita.

O San Martiño súmase, deste xeito, a outros recoñecementos que o escritor recibiu como o Pondal ou o Nacional de Literatura Rosalía de Castro.

TABEIRÓS-TERRA DE MONTES

Recoñecemento á Fervenza

No apartado de Tabeirós-Terra de Montes, o premio vai para Ouzande. A Asociación Cultural A Fervenza ve recompensado o seu traballo a prol da cultura, coa lingua como ben irrenunciable e vehículo de comunicación entre as diferentes xeracións de veciños. Os premios entregaranse o vindeiro xoves día 12 ás 20.00 horas nun acto público no teatro Principal.

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS