Sábado 31.10.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 3 de 9]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

cita de novembro

Cineuropa exhibirá este novembro 160 filmes, 18 en primicia

Cineuropa arrinca este mércores en Compostela con 28 días continuos de proxecións e os mellores títulos da temporada

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

José Luis Losa (dereita), Socorro García e Paulo Rodríguez durante a presentación de Cineuropa
José Luis Losa (dereita), Socorro García e Paulo Rodríguez durante a presentación de Cineuropa

Unha das citas máis agardadas do outono cultural compostelán, o Cineuropa, comeza o próximo mércores coa película gañadora da Palma de Ouro no Festival de Cannes, A cinta branca, que abrirá unha augación de proxeccións ata o dous de decembro. En 28 días proxectaranse 60 películas. Na sección oficial, destacarán nomes como o de Haneke, pero tamén Manuel de Oliveira ou Carlos Saura, entre os veteráns. Os directores Novísimos contarán cun apartado propio de concurso, no que o público poderá descubrir cintas como Los Condenados de Isaki Lacuesta ou Tres días con la familia de Mar Coll. Ademais, na edición deste ano, recoñeceráse co Premio Cineuropa o labor e relevancia no panorama audiovisual de Mabel Rivero e máis de Fernando Trueba.

Haberá lugar ademais para os directores galegos. Así, a sección específica Audiovisual Galego completarase con sesións especiais dedicadas á filmografía dos emerxentes Oliver Laxe, Xose Manuel Bazarra, Caludia Brenlla e Ángel Santos. Tamén se organiza unha Noite Especial Crebinsky, coa estrea da primeira bobina da película en 35 mm. Nas seccións tradicionais, o espazo Mundo Asia dedicará unha atención especial a Takeshi Kitano, coa proxección de cinco filmes do cineasta xaponés. A Retrospectiva volverá a mirada cara aos cineastas Arnaud Despechin e Claire Denis, dous nomes capitais do movemento denominado contraonda. Como cada ano, non pode faltar tampouco a tradicional Maratón, un reto para cinéfilos que culminará cun filme sorpresa.

Ao apartado xa consolidado dedicado ao documental musical, Doc-Music, únese este ano unha maior atención á música, con sesións especiais protagonizadas pola filmografía oficial dos Beatles. Títulos como A hards day"s night, Yellow Submarine ou Magical Mystery Tour estarán acompañados nesa selección por rarezas difíciles de contemplar sobre o mítico grupo, coma o seu directo no Shea Stadium de Xapón ou a intervención do conxunto no programa televisivo de Ed Sullivan. A homenaxe videográfica, unirase tamén un concerto especial na sala Capitol, dedicado aos de Liverpool. Coa presentación de Camilo Franco, o 10 de novembro soará a música de grupos como Faltriqueira, The Homens ou Niño y Pistola.

Haberá tamén outra estrea nesta 23 edición do festival. O libriño co programa e fichas de todos os filmes será por primeira vez de pago, iso si, cun prezo simbólico de cincuenta céntimos. Deste xeito, preténdese racionalizar tanto o uso por parte dos espectadores como a xestión dos recursos do festival. Polo demais, a entrada puntual para cada película custará 3 euros, mentres que o abono para dez proxeccións terá un prezo de 20 euros. Os asiduos que escollan esta segunda opción, levarán ademais o libriño de balde.

OS NOMES

Presentación de José Luis Losa

Cineuropa foi presentado onte polo seu director, José Luis Losa, acompañado pola concelleira de Cultura de Santiago, Socorro García, e o xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS