Venres 06.11.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 7 de 19]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

idioma

Lorenzo avanza que o borrador do decreto estará "en semanas"

O secretario xeral de Política Lingüística asegura que axiña se vai empezar a poñelo sobre a mesa "ante as forzas políticas e os axentes sociais"

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, avanzou onte que o borrador do novo decreto do galego no ensino "está en fase de valoración" e que, "en próximas semanas, "empezarán a poñelo sobre a mesa ante as forzas políticas e os axentes sociais", para acadar "o maior consenso posible". "O compromiso é poder telo antes de final deste ano para poder poñelo en marcha no curso 2010-2011".

Nunha entrevista na TVG, o secretario xeral de Política Lingüística sinalou que o seu departamento opta "por un modelo no que se garanta unha competencia similar en ambas as dúas linguas" -castelán e galego- aínda que, ao mesmo tempo, que "regule, no ámbito do ensino universitario, a impartición de contidos en linguas estranxeiras". "Que Galicia aposte por un modelo trilingüe", dixo.

Tras a manifestación en defensa do idioma do pasado 18 de outubro, Lorenzo admitiu que o seu departamento recibiu "a mensaxe" de que parte da cidadanía está "preocupada polo presente e o futuro da lingua galega". Lorenzo sinalou que, ante esta situación, a Xunta remitiulles unha carta aos organizadores invitándoos a celebrar un encontro para que "expliquen" que medidas do actual Executivo autonómico consideran que inciden nunha "desprotección" da lingua. "Ata agora non obtivemos resposta, estou á espera de que eles contacten". Neste sentido, afirmou que dende a sociedade "hai diferentes formas de entender a política lingüística", polo que será necesario ser "conscientes" das opinións" dos diferentes sectores e intentar "recoller todo ese conxunto".

Ó preguntarlle sobre a polémica dos topónimos en castelán e galego -como o acontecido no concello da Coruña-, Lorenzo reclamou"fuxir do localismo e ter unha enorme responsabilidade", polo que negou un "debate sobre os topónimos" no ámbito autonómico.

"Os nomes dos lugares teñen unha razón de ser, non son aleatorios nin nacen por capricho de ninguén", sinalou. "Visto dende o meu punto de vista son un patrimonio", aclarou.

En contraposición, erixiu medidas como a próxima posta en marcha da Rede Local de Dinamización Lingüística ou programas para "conseguir maior comunicación en lingua galega", como o caso de Bocaberta ou os Encontros dos Axóuxeres, que inciden na transmisión familiar e na súa promoción en idades temperás.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS