Martes 10.11.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 5 de 24]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

obra

Reinventar Auria

No 50 aniversario da publicación de "A esmorga" de Blanco Amor, Difusora das Letras edita unha obra que actualiza a novela en banda deseñada e propón un xogo de mesa

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Con motivo do 50 aniversario da publicación de A esmorga de Eduardo Blanco Amor, a editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, está a desenvolver un programa de actividades culturais encamiñadas á "revisión actualizadora polos novos creadores e as novas linguaxes artísticas da obra e as facetas" do escritor ourensán e "impulsar o coñecemento" a partir do seu universo.

Entre as accións, mañá, liberaranse exemplares da novela en espazos públicos de Ourense, en colaboración co Gremio LiterAuria de editores, libreiros e escritores da cidade. No ámbito literario, acábase de editar unha obra que dá entrada a diferentes textos e accións vinculadas con A esmorga, vista a través da banda deseñada, o xogo de rol, o ensaio, a música, os títeres ou o deseño gráfico.

Con guión de Carlos Rafael Ramos e ilustracións de Jaime Izaguirre, faise unha relectura en BD dos tipos sociais e dos espazos da novela. Tamén se fai un percorrido histórico da Auria retratada por Blanco Amor á cidade actual. Pola súa parte, Álex Mene -autor da única tese doutoral sobre Blanco Amor fotógrafo- indaga nesta faceta máis descoñecida do escritor do mesmo xeito que Xosé M. Buxán Bran, que foi director da Sala AlterArte do Campus de Ourense Xosé M. Buxán Bran. O escritor e xornalista Luís Rei achégase tamén aos avatares da edición da obra completa de Ramón Cabanillas da que Blanco Amor foi quen finalmente entregou á imprenta en Bos Aires. A editorial mesmo propón un xogo de mesa baseado na novela. Por outra parte, tamén se gravou un disco con dez grupos ourensáns -Animales Domésticos, a Banda Municipal de Ourense, Banda Ourensons, Burgas Beat, Gomes Mouro, Guezzos, Magritte, Perqtores, Sólidos Galicianos e O Sonoro Maxín- con cancións inspiradas ou relacionadas con A Esmorga de Blanco Amor. O vindeiro 18 de decembro celebrarase en Ourense o Festival Eduardo Blanco Amor 5.0, un espectáculo músico-literario que comezará na Praza do Ferro co pasacalles de Cabezudos para chegar ao Auditorio de Ourense coa interpretación ao vivo dos temas musicais compostos para o CD polos grupos. O festival repousará sobre unha fabulación de Fernando Dacosta, Josito Porto e Suso Díaz, que representarán a O Castizo, O Milhomes e O Bocas.

Ademais tamén se editou un DVD cunha obra inspirada nas Farsas para títeres do autor ourensán. A Compañía Viravolta dá vida a O horroroso crime do sacristán, unha peza cunha posta en escena con marionetas de madeira e escenografía en madeira, teas e cartón á maneira dos espectáculos de títeres tradicionais representada nun teatriño.

Ademais, durante todo este mes, celebrarase no Museo Municipal de Ourense obradoiros para a construción de cabezudos inspirados nas personaxes de A Esmorga. O obradoiro corre por conta da Compañía Viravolta coa participación do pintor Manolo Figueiras -autor dos azulexos conmemorativos de A Esmorga- e de Tegra Váquez Carpentier na confección do vestiario dos cabezudos.

Para acompañar a comparsa de cabezudos d"A Esmorga, o grupo Gomes Mouro fixo unha composición musical co título de Mazurca dos Cabezudos da Esmorga.

Finalmente, o vindeiro 1 de decembro, celebrarase unha ofrenda floral a Blanco Amor no cemiterio de Ourense na que participará a cantante María do Ceo. O mesmo día, os alumnos do IES Blanco Amor realizarán outra ofrenda na estatua adicada ao ourensán e tamén representarán a súa obra Os baralláns nos Xardíns do Bispo Cesareo.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS