Xoves 12.11.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Maré | Cineuropa renderalle homenaxe ao novo cinema galego co ciclo Emerxentes, que constará de catro retrospectivas de membros da xeración máis nova de cineastas: Ángel Santos, Oliver Laxe, Claudia Brenlla e Xosé Manuel Bazarra. Onte, o Teatro Principal acolleu a primeira destas sesións especiais, a dedicada a Ángel Santos. A vindeira sesión, a de Oliver Laxe, terá lugar mañá, 13 de novembro. Ademais de tres das súas curtas, o cineasta presentará un avance da súa primeira longa, con orixe no proxecto Dao Byed, unha experiencia educativa e fílmica que comparte cuns nenos na cidade de Tánxer. A liberdade creativa da súa obra maniféstase sobre todo nun marcado e persoal experimentalismo narrativo.