Domingo 15.11.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 7 de 12]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

mercados

Os editores continúan mañá o debate sobre o libro dixital

Javier Celaya ofrece os relatorios

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

A Asociación Galega de Editores (AGE) e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) organizan, coa colaboración do Consello da Cultura Galega, e a Consellería de Cultura e Turismo, o Seminario sobre O libro dixital: presente e futuro, que terá lugar os días 16 e 17 novembro nas instalacións do Consello da Cultura Galega, en Compostela, en horario de 10 a 14 horas. Arredor de medio cento de profesionais do sector editorial e libreiros galegos asisten a este debate sobre o formato do libro electrónico.

O fundador do portal cultural Dosdoce.com, Javier Celaya será o encargado dos relatorios que comezarán por explicar a situación actual do ebook e a situación da comercialización dos libros electrónicos nos principais mercados internacionais. Tamén se referirá á edición dixital, e á transformación do modelo de negocio; facendo unha análise comparativa dos proxectos de dixitalización: mercadotecnia, vendas, distribución, etc. Outros dos puntos que tratará serán os formatos de edición, os lectores para contidos dixitais ou a cadea de valor do e-book.

Na xornada do día 17, o profesor Celaya centrarase nas cuestións da comercialización, a distribución a seguridade e a promoción en liña do libro dixital.

Javier Celaya é socio-fundador do portal cultural Dosdoce.com, membro do Comité Científico do Pacto Andaluz polo Libro (PAPEL) e vicepresidente da Asociación de Revistas Digitales de España (ARDE). En marzo de 2004 fundou Dosdoce.com, un portal especializado en analizar o impacto das novas tecnoloxías no sector cultural.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS