Mércores 18.11.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 5 de 21]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

CONFLITO LINGÜÍSTICO ·· xustiza

"Un idioma sen utilidade práctica"

Un xuíz de Alcorcón impídelle a unha nai ir a Vigo porque se fala galego

5.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

O xulgado de Alcorcón (Madrid) négalle a unha nai, coa custodia actual sobre as súas fillas, que se traslade a Vigo coas nenas -menores de idade- debido ao "desarraigamento" do seu ámbito educativo para verse "escolarizadas en centros públicos con inmersión nun sistema en lingua galega". O voceiro da familia e irmán da nai afectada, Manuel López Rodríguez, ofreceu onte unha rolda de prensa xunto ó deputado nacionalista Bieito Lobeira, que tachou esta situación de "racismo lingüístico" e quen constatou que a proxenitora está en risco de perder a custodia polo feito de vivir en Galicia.

O auto rexeita o traslado da nai a Vigo (vivía en Alcorcón coa súa parella, da que está separada) debido ao "perigo de desarraigamento que se estende ó seu ámbito escolar, pois as menores estiveron escolarizadas desde hai moitos anos" nun colexio privado, para "agora verse escolarizadas en centros públicos con inmersión nun sistema escolar en lingua galega". O idioma propio de Galicia, engade o xuíz na súa sentenza, constitúe "unha lingua distinta da que foron escolarizadas ata agora, que máis aló do ámbito daquela Comunidade Autónoma non se aprecia que teña ningunha outra utilidade práctica".

O voceiro da familia asegurou que se está sometendo a "un calvario" o núcleo familiar "por querer vivir en Galicia" e certificou que as "nenas están perfectamente integradas en Vigo e son felices". A modo de exemplo, subliñou que "non tiveron ningún problema" co idioma e, de feito, a máis pequena sacou un "8,5" nesta materia e "ata empeza a falalo". A maiores, explicou que a filla maior non terá problemas na Selectividade, posto que se pode acoller á exención de galego nas probas de acceso á universidade, polo que non afectara o seu currículo.

O voceiro da familia explicou que á súa irmá lle diagnosticaron un cancro en 2004 e en 2006, cando o matrimonio se separou decretouse a custodia compartida. En 2008, o pai deixou de facerse cargo da custodia e trasladáronse a Vigo. Desde entón, comezaron os litixios pola permanencia en Galicia da nai e as súas dúas fillas nun proceso que aínda non concluíu e cuxa última resolución é o mencionado auto xudicial.

Bieito Lobeira denunciou este caso de "racismo lingüístico" e de "xenofobia" polo mero feito de "vivir en Galicia" e advertiu de que estes argumentos poden "sentar xurisprudencia", que "discriminarían" as persoas que habitan en Galicia polo feito de "ter unha lingua propia". Para o parlamentario "vulnéranse os dereitos inalienables" das persoas que falan galego e, por iso, trasladará esta situación a institucións internacionais a partir de xaneiro.

DATOS

O grupo parlamentario do BNG presentou unha proposición non de lei na Cámara autonómica para instar a Xunta para "adoptar as medidas precisas, ao amparo da legalidade, e no ámbito das súas competencias, para evitar un caso flagrante de discriminación por razón de lingua, de pertenza e residencia en Galicia". Neste sentido, o irmán da nai afectada demandoulle á Xunta -as consellerías de Educación e Traballo, en concreto- "informes" pertinentes sobre a integración das menores en Vigo. Así mesmo, reclamou o apoio das demais forzas políticas para que "defendan o dereito" da nai a "volver á súa casa, onde ten a toda a súa familia", máis aló dos "argumentos filosóficos" que -entende- aparecen na sentenza.

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS