Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

OURENSE

A Deputación abrirá en decembro uha mostra sobre Blanco Amor

24.11.2009 Con manuscritos e obxectos persoais

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AGN

O Centro Cultural da Deputación de Ourense inaugurará o próximo 1 de decembro a exposición Eduardo Blanco Amor. Da súa propia man, en homenaxe ó escritor ourensán.

A mostra, organizadada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, integrarase no programa de actividades que se desenvolverá coincidindo co trinta aniversario da morte de Blanco Amor.

A inauguración terá lugar esa xornada ás 20.15 horas no Centro Cultural da Deputación e antes, pola mañá, desenvolverase a tradicional ofrenda floral no cemiterio de San Francisco.

A exposición está integrada por manuscritos -entre eles, o da propia novela A Esmorga, unha das máis importantes escritas na época- dedicatorias do escritor a diferentes amigos, obxectos persoais, primeiras edicións das súas obras, imaxes, recordos e varias obras de artistas ourensáns creadas especificamente para esta mostra e inspiradas no escritor ou na súa obra.

Entre outros, colaboran na exposición Afonso Vázquez-Monxardín, Arturo Baltar, Arturo Lezcano, Augusto Valencia, Carlos Vello, César Prada, Jacobo e Arce Temes, José Luis Díaz, José Luis López Gonzalez "Tatis", Julio Losada ou Pástor Fábrega, así como a Biblioteca da Deputación e a Fundación Vicente Risco. A mostra poderá verse entre os días 1 e 13 de decembro, no Centro Cultural da Deputación de Ourense.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS