Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

poesía

Un xogo de sedución en prosa e en verso

25.11.2009 Eduardo Estévez e Eli Ríos narran unha historia de erotismo entre dous homes no libro "rúa da cancela", co que gañaron o Illas Sisargas

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M. DOPICO

Un xogo de sedución entre dous personaxes masculinos. Un diálogo en prosa e en verso. É a proposta de rúa da cancela, o poemario co que Eduardo Estévez e Eli Ríos acaban de gañar o IV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, convocado pola Asociación Cultural Caldeirón e o Concello de Malpica.

"A idea xa foi, desde o principio, escribir o libro entre os dous, Eli e mais eu. Os meus textos están escritos en primeira persoa, e os de Eli en terceira, desde a perspectiva do seu personaxe. Os meus están en verso, e os dela en prosa. É unha historia que sucede nunha noite, contada dun modo narrativo, de xeito pausado, demorado", explicou Eduardo Estévez.

"Os personaxes non teñen contacto físico ata o poema final, formado por uns fragmentos en prosa e outros en verso. Ata este poema, o verso e a prosa íanse intercalando", engadiu o coautor da obra.

Rúa da cancela é, ademais, un "poemario urbano. Transcorre en ámbitos como pubs, a praia, a rúa, o apartamento. O erotismo é moi directo, case pornográfico. Traballamos moito co vocabulario, porque non había experiencias previas semellantes na literatura galega, de algo tan explícito, tan evidente, entre dous homosexuais", afirmou.

O xurado estivo integrado por Emma Pedreira e Paco Souto -gañadora e accésit da edición anterior-, e Antón Noceda -técnico de cultura de Malpica-.

DATOS

A traxectoria dos autores

Eli Ríos, nada na emigración, criouse en Lesta (Ordes) e residiu en Compostela, Portugal e Cabo Verde ata instalarse na Coruña. No 2009 acadou o XII Premio de Poesía Concello de Carral co libro Nós escoitando o badalo en Marienplatz que se encontra actualmente no prelo da editorial Espiral Maior. Eduardo Estévez naceu e criouse en Bos Aires. Instalouse na Galiza de seu avó en 1995. Ten publicados varios libros de poesía (entre os que destacan lúa gris, caderno apócrifo da pequena defunta, derrotas e construcións), ademais de merecer varios premios (o Eusebio Lorenzo Baleirón entre outros).

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS