Mércores 25.11.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 13 de 19]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

iniciativa

Un espazo para o disenso

Artistas españois presentan un manifesto en favor dos gobernos progresistas de América Latina e da reelección de Evo Morales

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

O escritor Luis García Montero, os actores Juan Diego Botto e Juan Margallo, o secretario xeral da Unión dos Actores, Jorge Bosso, a cantante Carmen París e o profesor Carlos Fernández Liria presentaron onte o manifesto Miremos al Sur en apoio á reelección de Evo Morales á presidencia de Bolivia.

No texto convócase a un concerto solidario co político, que se realizará no salón de actos da UGT o vindeiro venres, con entrada libre ata completar aforamento. As próximas eleccións en Bolivia celebraranse o 6 de decembro.

Con varios centos de asinantes –entre eles destacadas personalidades do mundo da cultura–, o manifesto fala da realidade dos procesos de emancipación latinoamericanos e toma partido no seu favor.

Asinaron o documento Juan Echanove, Vicky Peña, Almudena Grandes, Guillermo Toledo, Silvia Marsó, José Luis Sampedro, Olga Lucas, o Gran Wyoming, Rosa Regás, Carlos Taibo, Eduardo Galeano, José Saramago, Dario Fo, Leonardo Boff, Salvador López Arnal, Angel Aragonés, Miguel Brieva, Pilar Bardem, Moncho Alpuente ou José Sacristán, entre outros.

"Non vimos para falar de problemas económicos en Bolivia, senón a pór a cara", declarou Jorge Bosso, quen empezou a ler o texto do manifesto, que avoga pola "xustiza social, a democracia participativa e a soberanía nacional".

"Nós, traballadores e traballadoras do mundo da cultura, da arte, da comunicación e da educación, queremos abrir un pequeno espazo de disenso democrático e expresar a nosa solidariedade cos pobos e gobernos progresistas de América Latina", afirma o documento, lido tamén por París e Montero.

Fronte ás preguntas que cuestionaban a actuación de Morales, París argumentou que as denuncias contra o presidente boliviano forman parte dunha "manipulación da información sobre Venezuela e Bolivia polos medios de comunicación españois". Pola súa banda, Montero recordou que "ningún" participante no concerto ou asinante do manifesto cobrou por participar e que o evento "non contará con subvención oficial".

Elizabeth Salgueiro, que tamén é presidenta da Comisión de Dereitos Humanos da Cámara Baixa do seu país, tamén estivo presente durante a presentación do manifesto e declarou que o "panorama electoral" en Bolivia "non é bo", argumentando que un dos candidatos, Manfred Reyes Villa, está implicado en "once casos de corrupción" e que outro, Samuel Doria Medina, é un "defensor neoliberal das privatizacións".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS