Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

fundación neira

Xoán Babarro gaña o Premio "Arume"

27.11.2009 O galardón recoñece o seu libro de poesía infantil " A princesa de Taramundi"

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

O xurado da quinta edición do Premio Arume de Poesía, convocado pola Fudnación Neira Vilas, acordou por unanimidade concederlle o galardón á obra presentada baixo o título A Princesa de Taramundi que unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Xoán Babarro González.

O xurado quixo destacar que se trata dunha "poesía fresca e orixinal, moi relacionada coa natureza e co medio xeográfico. É unha poesía do galego estremeiro, e dende o punto de vista léxico utiliza dialectalismos do galego oriental. A métrica e as estrofas son moi variadas, e xoga coas onomatopeas e cos recursos gráficos para facer os poemas máis atractivos par nenos e nenas.

O xurado, dado o alto nivel contido nos poemarios presentados, acordou tamén conceder dúas mencións de honra que serán entregadas a título extraordinario, pola calidade dos poemarios presentados a Dona Rosalía Morlán Vieitez, pola obra A Coitada Lúa, e a Dona María Canosa Blanco, pola obra A Porta dos Soños. O premio, está dotado con 1.000 euros e a publicación da obra premiada. Entregarase o domingo día 13 de decembro de 2009 nun acto público na Sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres, nun acto presidido polo propio Xosé Neira Vilas, e ao que asistirán o alcalde de Vila de Cruces, Xesús Otero, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, como entidades patrocinadoras deste premio.

Xoán Babarro González (Calvelo de Maceda, Ourense, 1947) é catedrático de Lingua e Literatura galega. A súa traxectoria desenvolveuse, sobre todo, no ámbito da literatura infantil, pero tamén no teatro ou no ensaio, xénero no que publicou o seu estudo sobre os lindeiros do Navia-Eo en Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística (2003). Publicou unha antoloxía de poesía desa comarca, baxio o título Évos un amaicer mui guapo, editada no 2007 pola Universidade de Vigo.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS