Sábado 05.12.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 18]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

maré hoxe

Momento Calveiro

Marcos Calveiro, autor dun dos éxitos do ano na Literatura galega, ‘Festina Lente’, foi o gañador do Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil con ‘O pintor do sombreiro de malvas’, unha novela ambientada na cidade francesa de Auvers no século XIX. O libro será publicado por Xerais na primavera do ano 2010.

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ

Marcos Calveiro compaxina o xénero da Literatura xuvenil coa novela para adultos, onde conseguiu importantes éxitos como ‘Festina lente’ FOTO: Axencias
Marcos Calveiro compaxina o xénero da Literatura xuvenil coa novela para adultos, onde conseguiu importantes éxitos como ‘Festina lente’
FOTO: Axencias

Tras o éxito de crítica e público de Festina lente, unha das novelas máis aclamadas deste ano en Galicia, Marcos Calveiro apontoa o seu bo momento co Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil, que recaeu na súa novela O pintor do sombreiro de malvas. O Premio Lazarillo, que convoca a Oepli, é o máis antigo dos galardóns de literatura infantil e xuvenil que se ditaminou no Estado, desde 1958, e, na súa nómina de premiados atesoura varios nomes de referencia das literaturas en galego, catalán, éuscaro e español.

A historia que relata Calveiro, segundo el mesmo comentaba no seu blog, "acontece na pequena vila francesa de Auvers, na ribeira do río Oise, durante sesenta e nove días do verán do ano de 1890 e está protagonizada polo rapaz do lenzo que acompaña ao pintor do sombreiro de malvas...". O libro publicarase na primavera do ano 2010 en galego por Edicións Xerais, en castelán por Edelvives e en éuscaro por Ibaizabal.

Calveiro verá, tamén, no vindeiro ano a edición doutra nova novela, titulada Settecento, que sairá do prelo na colección Literaria de Xerais.

Tamén na súa bitácora virtual Marcos S. Calveiro quere "deixar constancia pública" do seu "máis fondo agradecemento a algunhas das persoas que nestes anos me axudaron no camiño da escrita cos seus agarimosos azos, valiosas ensinanzas e a atinados consellos, dos que confeso que non fixen moito caso ás veces: Nacho Chao, Martin Pawley, An Alfaya, Isabel Soto, Rubén Ruibal e Arume dos Piñeiros".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS