Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
Medea dos fuxidos e outras pezas é o título dun conxunto de pequenas pezas teatrais que acaba de publicar o dramaturgo e académico Manuel Lourenzo. O obxectivo do volume, segundo subliña o propia autor, é duplo: permitir o goce como lectores pero tamén ofrecer textos de fácil montaxe para afeccionados, escolares ou adultos.
O libro, editado Biblos Club, supón unha nova entrega de Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943) tras a aparición, nos últimos anos, de As horas baixas (2008), Belicosario e Eléctricas (2007) Cabaleiros e eclipses (2006) ou Insomnes (2004)
Biblos tamén acaba de publicar O Apalpador, un libriño de 24 páxinas que recrea a historia deste mítico personaxe galego, que vive nas devesas do Courel e na Noiteboa baixa a apaparlles as barriguiñas aos nenos para ver se cearon ben e deixarlles xoguetes e castañas.
Xoán G., autor do texto e das ilustracións, recolle a esencial da tradición e anova a imaxe dun personaxe que ten un tronco común con outras tradicións europeas ou do norte peninsular, como o Olentzero vasco e o Esteru astur-cántabro.
O rito da noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos e a figura do personaxe refírese nas serras orientais galegas. Tamén na montaña ourensá existen referencias a este personaxe aínda que, con outros nomes ou con atribucións menos simpáticas, como as de espantar os nenos.