Mércores 09.12.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 5 de 18]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

CONFLITO ·· lingua

Os azos da transmisión xeracional

O 36% dos mozos das clases medias-altas son educados en galego

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Fermín Bouza FOTO: Axencias
Fermín Bouza
FOTO: Axencias

O sociólogo galego Fermín Bouza salienta no seu blog El voto con botas unha recuperación do galego entre os mozos de 18 a 24 anos pertencentes ás clases medias-altas. A partir de datos que tira das enquisas elaboradas polo CIS que analizan a lingua en relación ao estatus socioeconómico, Bouza non só sinala a través de gráficos unha remontada "clara" do galego como lingua inicial (de aprendizaxe) para os mozos de 18 a 24 anos senón que o salto tamén é significativo entre as clases alta e media alta. Segundo os datos tirados polo CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas) antes das eleccións de 2009, o 36 % dos mozos enquisados entre 18 a 24 anos cun nivel socioeconómico medio-alto aseguran ter o galego como lingua inicial.

"Os ricos tamén volven a socializar en galego aos seus fillos nunha proporción interesante e iso indica que o galego volve ser, en parte, unha lingua de oportunidades, é dicir, unha lingua con opcións profesionais e vitais incluídas", apunta Bouza no seu blog.

Unha idea que o catedrático de Socioloxía xa apuntara a semana pasada no seminario Lingua, sociedade e política en Galicia, celebrado no Consello da Cultura en Compostela. Na súa intervención, Bouza xa apuntaba un incremento no número de mozos que foron educados en galego e castelán como linguas iniciais. O sociólogo engadía tamén que "non se pode exercer profesionalmente en Galicia sen saber galego".

Ao seu ver, o idioma propio do país está mantido como unha "lingua de prestixio" pero non de oportunidades, como si se presenta o castelán. Na súa opinión, a Xunta debería emprender "políticas de recolocación do galego como lingua de oportunidades e non excluílo do espazo público, como o fixeron ao retiralo como lingua obrigatoria das oposicións". Para Bouza, ademais "hai que recuperar a vontade de falar, algo que falta nas clases medias altas das cidades" nas que o castelán continúa a ser, malia todo, a principal lingua de uso.

DATOS POSITIVOS

Un emprego maioritario

Tamén se mostrou optimista á vista dos datos o profesor da Universidade da Coruña, Mauro Fernández que, no encontro do Consello da Cultura, asegurou que o galego segue a ser a lingua habitual maioritaria en Galicia en contra do que podía deducirse do Mapa Sociolingüístico de 2004. Segundo indicou, a porcentaxe dos galegofalantes sitúase no 61 %, fronte ao Mapa de 2004, que deixaba os galegofalantes nun 38 por cento no segmento dos 15 aos 54 anos.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS