Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

en serie

Linatakalam, unha coprodución internacional con aposta galega

30.05.2006 De IBISAtv, será distribuída en galego

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. MARÉ

Un equipo integrado por profesionais de Galicia, Italia e Marrocos percorrerá a partir de hoxe o Mediterráneo para rodar a serie internacional Linatakalam, unha importante coprodución da produtora galega IBISAtv, que conta co padroado oficial do Grupo de Alto Nivel da ONU para a Alianza de Civilizacións.

Linatakalam (que significa Falemos..., en árabe) aborda o diálogo e a convivencia entre os pobos e culturas do Mediterráneo como fórmula de entendemento. A serie deu os seus primeiros pasos no Cumio Euromediterránea e na Reunión do Grupo de Alto Nivel da ONU para a Alianza de Civilizacións, entrevistando a destacados líderes políticos e culturais: o Nobel Desmond Tutu ó iraniano Khatami, os primeiros ministros de España e Marrocos, Zapatero e Driss Jettou, e os copresidentes da Alianza de Civilizacións, Mayor Zaragoza e Mehmet Aydin.

O equipo formado por IBISAtv está dirixido polo xornalista Valentín Carrera e percorrerá durante mes e medio Marrocos, Turquía, Sicilia, España, Tunisia e Exipto. A serie comeza coa canción "Mediterráno" de Joan Manuel Serrat e conta con música orixinal do grupo valenciano L´Ham de Foc; as coreografías e os "halka" serán gravados nos estudos Mans da Coruña. A serie será distribuída internacionalmente por Filmax en castelán, galego, árabe e francés.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS