Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

Unha musa para Fiz Vergara Vilariño

16.12.2009

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

A punto de finalizar a instalación do Roteiro literario-artístico pola Lóuzara de Fiz Vergara Vilariño, a Asociación Ergueitos -encargada da organización- colocou tres obras máis. Miguel A. Macía creou unha Musa para Fiz que desde o cimo de Santalla olla para a casa do poeta agardando que lle falen os seus versos. Paco Poy instalou na Aira de Tesín un escano e unha lareira lembrando que a casa é o cerne habitado do que bebe o poeta. Un lugar íntimo no que se instala a palabra para, desde alí, chegar ao infinito. Primitivo Lareu, por último, instalou en Aira Padrón a "muller unicornio", que nos sinala o inicio do camiño, o inicio do Val, o inicio dun roteiro cheo de lugares habitados e de poesía. Estas sutís intervencións na natureza imbrican a ollada do camiñante nun universo poético ben ligado ás terras louzarinas.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS