Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
Estes días chega ás librerías galegas Invisible, a nova novela de Paul Auster, que desta volta introduce o seu protagonista, un estudante universitario con vocación de poeta, nun perverso triángulo amoroso que o vai involucrar nun acto violento que alterará o curso da súa vida. A nova novela de Auster, publicada en inglés hai apenas un par de meses, foi recibida con entusiasmo pola crítica norteamericana e inglesa. Paul Auster (New Jersey, 1947) apreixa o lector nunha trama novelesca que se espalla desde a década de 1960 ata os inicios do século XXI.