Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Momento da reunión do xurado para decidir os galardóns |
O xornalista ouresán Juan Tallón, co relato Era el, alzouse este ano co premio do XXXV Certame Nacional de Narracións Breves Modesto Rodríguez Figueiredo, que organiza a Fundación Pedrón de Ouro coa colaboación do Concello de Arzúa. O xurado do certamen resolveu onte os galardóns nunha xuntaza mantida na casa do Concello de Arzúa e a entrega dos galardóns farase nunha gala que se celebrará o próximo sábado, día 26, na Capela da Madalena.
No seu ditame, o xurado destaca "a fluidez narrativa e o estilo limpo e libre" do autor, nun relato "metaliterario no que se cuestiona a autoría do escritor e que se move entre Suramérica e Galicia", segundo describen.
Ademais do primeiro premio, o xurado concedeu dos acceses para A movida, de Manuel Quintáns López -unha obra ambientada no mundo marxinal da Compostela tradicional- e Gaspar Gaspar, de Fernando Lavandeira, unha crítica severa da impostura social e da cultura do simulacro. Fernando Lavandeira, que é de Boiro, forma parte da Fundación Castelao. Tamén se fixo unha recomendación especial de publicación para as obras San Xoán do Alto-Burbullas de Seda, Desaparecido e Cinza de Xouba, dos que non se revelaron os autores.
O Xurado do Modesto R. Figueiredo estivo presidido este ano por Xosé Ramón Fandiño e contou con Avelino Pousa Antelo como moderador e David Otero, como secretario. Integrábano, tamén, Xosé Vázquez Pintor, Anxo Angueira e Ramón Torreiro.