Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

Os nomes do 2009

20.12.2009 Os editores consagran a Rosa Aneiros como a escritora do ano pero entréganlle a "Sidecar", de Alberto Lema, o premio da mellor obra

2.0/5 [2 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Rosa Aneiros converteuse na mellor escritora do ano e Alberto Lema no autor da mellor novela
Rosa Aneiros converteuse na mellor escritora do ano e Alberto Lema no autor da mellor novela

Os Premios da Edición deixaron este ano un paradoxo: converteron a Rosa Aneiros na mellor escritora do ano aínda que ningunha das súas novelas finalistas no apartado de mellor obra de ficción - Ás de bolboretas e Sol de Inverno- lograron o recoñecemento do xurado. O triunfo neste apartado, contra todo prognóstico, foi dar nunha novela que pasou máis que dicretamente para a crítica e os lectores, Sidecar, de Alberto Lema, autor de culto ao que o galardón apontoa como unha das voces máis persoais do panorama narrativo galego.

A V Noite da Edición de Galicia, durante a que se entregaron os premios, celebrouse onte no Liceo de Ourense. Con esta gala -patrocinada polo Centro Español de Dereitos Reprográficos (Cedro)-, a Asociación Galega de Editores reúne anualmente a todos aqueles que traballan no campo do libro, a súa produción e a súa edición.

De antemán xa se coñecían algúns dos gañadores. É o caso do apartado da Edición Histórica, que se acordou conceder á editorial Nova Galicia -que cumpre un cuarto de século de vida- ou o premio Francisco Fernández del Riego, que recoñece o traballo realizado dunha persoa ou colectivo a prol do libro e que recaeu na empresa R.

Pero os galardóns máis esperados eran os que se mantiñan en segredo, votados por un xurado de editores, escritores, ilustradores e xornalistas, entre outros.

O Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción do ano foi para Sidecar, de Alberto Lema, publicada por Galaxia ao mesmo tempo que a súa tradución en castelán, editada por Caballo de Troya. Considerada polo seu propio autor como unha obra de iniciación, Sidecar amosa nun estilo algo casual e próximo a pulsións sexuais de dous amigos nunha Compostela de contratos lixo, mulleres con carácter e estudantes acirrados.

As Cartas de republicanos galegos, de Xesús Alonso Montero, levou o premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción. Alonso Montero, que tamén era finalista no apartado de mellor escritor do ano, reúne neste volume cento vinte cartas que diferentes republicanos galegos condenados a morte escribiron, pouco antes de falecer, entre o 1936 e o 1948.

O Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía ou de teatro do ano 2009 recaeu nunha peza dramática, o Ciclo de Xúpiter, de Millán Picouto, editada por Linteo. Ciclo de Xúpiter é a cuarta entrega dunha serie que xa lle valeu a Picouto no 2008 unha distinción da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) por Ciclo de Marte.

O Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil recoñeceu A araña e máis eu, editado por Kalandraka. Neste libro, de gran beleza plástica, Fran Alonso adéntrase na linguaxe dos nenos para acometer un achegamento visual e poético ao corpo humano.

O Premio Lois Tobío ao Libro traducido do 2009 recaeu en Contos completos de Allan Poe, vertido ao galego para a editorial Galaxia por Eva Almazán, finalista neste apartado con tres obras. Gabriel Pacheco fíxose co Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do ano, editado por OQO e as Fotobiografías de Ouvirmos lograron o Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial do 2009.

Por último, Rosa Aneiros converteuse na mellor escritora do ano, o galardón máis cubizado da noite. A escritora culmina así un 2009 no que gañou o Premio Xerais de novela por Sol de inverno e o Premio Fundación Caixa Galicia por Ás de bolboreta. Estas dúas obras eran tamén finalistas do mellor libro de non ficción.

PERSPECTIVAS

Camilo Franco, condutor do acto

A quinta Noite da Edición da Asociación Galega de Editores (AGE) foi conducida polo escritor e xornalista ourensán Camilo Franco, un dos máis carismáticos personaxes dos círculos literarios galegos.

O acto, desenvolvido no Liceo de Ourense, estivo presidido por Alfonso García Sanmartín, presidente da AGE, e contou coa presenza dos conselleiros de Cultura e Turismo, Roberto Varela; e de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; do alcalde da cidade, Francisco Rodríguez; o presidente da Deputación, José Luís Baltar; e o director xeral de Promoción e Difusión de Cultura, Francisco López.

Os galardóns, que cada ano se celebran nunha cidade distinta do país, carecen de dotación económica pero si foron acadando un prestixio entre os profesionais que traballana en Galicia, sexa desde o ámbito da escrita ou no ámbito da edición e a promoción.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS