Mércores 23.12.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Maré | ![]() |
| Chus Pato foi, para Revista das Letras, do mellor deste ano FOTO: Axencias |
Un libro que se move nos lindes dos xéneros -Secesión de Chus Pato-, unha exposición que devolve o esplendor da mirada intelixente -41º 52" 59" latitude N / 8º 51" 12" lonxitude de Jorge Barbi-, a reconstrución sobre un escenario de A esmorga de Blanco Amor -unha montaxe de Sarabela Teatro- e un concerto inesquecible dos novos trobeiros escandinavos -King of Convenience- foron elixidos por Revista das Letras os mellores acontecementos culturais do ano.
Por este motivo, o monográfico do suplemento de Cultura de GALICIA HOXE dedicaralle mañá a eles catro as súas páxinas, nun monográfico callado de entrevistas, reportaxes e crónicas.
O libro de Chus Pato, publicado por Galaxia, naceu como un proxecto de memorias que a escritora converteu -segundo as súas palabras- "nun autorretrato". Trátase, porén, non dun atorretato seu "senón da miña escrita".
Para Jorge Barbi, a exposición que lle rendeu o Marco -comisariada por Juan de Nieves- significou unha oportunidade para reencontrar a traxectoria dun creador que foi creando desde as marxes unha linguaxe transparente e reveladora.
A versión da Esmorga de Sarabela -dirixida por Ánxeles Cuña- non só rompeu o tópico de que trasfegar aos escenarios unha novela é imposible senón que, ademais, redimensiona a imaxe da célebre obra de Blanco Amor.
Por último, Kings of Convenience, dúo liderado polo carismático Erlend Oye, converteu un concerto en clave íntima e acústica nun acontecemento tumultuoso e inesquecible.