Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

obra

"Roteiros pola poesía de Ramón Cabanillas", hoxe en Cambados

29.12.2009 Esta tarde pecha o ano adicado ao vate de Fefiñáns coa presentación dunha escolma elaborada polos investigadores Francisco Fernández Rei e Luís Rei

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

O Auditorio da Xuventude de Cambados clausura hoxe, ás 20:00 horas, o Ano Cabanillas coa presentación da escolma Roteiros pola poesía de Ramón Cabanillas, elaborada polo académico Francisco Fernández Rei e polo biógrafo do poeta, Luís Rei, asesores da Comisión do Concello de Cambados que este 2009 organizou actos sobre a obra do autor de Vento mareiro.

A escolma é unha obra non venal, da que se tiraron 5.000 exemplares, dos que 4.500 xa se están a repartir estes días entre as máis de 4.000 casas do concello de Cambados. A obra divídese en tres partes: unha relativa ás paisaxes da vila do poeta, outra que percorre o val do Salnés e unha terceira sobre a poesía do homenaxeado.

O primeiro roteiro titulado O Cambados pobre, fidalgo e soñador máis ben é un "rueiro" que permite vagar polas tres antigas vilas que conforman o actual Cambados co fin de gozar da xente, das paisaxes e dos monumentos evocados por Cabanillas en diferentes momentos da súa vida. O seguinte roteiro, titulado O rumoroso val do Salnés, busca a globalidade, a presenza conxunta da comarca (e do mar que a apreixa) máis que as distintas paisaxes e os lugares que a compoñen. E o derradeiro roteiro, titulado Roseiras, fouces e marusías, tenta seguir o "camiño longo" persoal e á vez quere ser un percorrido polo proceso creativo do vate de Fefiñáns.

O ACTO

Con música de zanfona e versos

Ramón Cabanillas foi construíndo unha lingua galega supradialectal e elegante á que lle deu "estado de eternidade", coma ninguén antes ca el lle dera; unha lingua onde está moi presente a morfoloxía e un bo quiñón léxico que recolleu da xente labrega e mariñeira do rumoroso val do Salnés e do seu tan amado Cambados natal. O acto ambientarase con música de zanfona; e antes das palabras de clausura do alcalde de Cambados, escenificarase a obra O bendito san Amaro e algúns poemas natalicios do poeta cambadés, a cargo do Cadro de declamación do Instituto Ramón Cabanillas, de Cambados.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS