Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Momento do último adeus a Manuel Calo Marcote no cemiterio de Fisterra. Detrás do féretro, con garavata, Juan, o fillo que se fixo famoso canda Manuel nunha foto de Manuel Ferrol FOTO: GH |
Fisterra deu onte o último adeus ó home que protagonizó a famosa fotografía de Manuel Ferrol O home e ou neno, tomada na Coruña e convertida no símbolo da emigración galega. Con oitenta anos de idade, recibiu sepultura onte Manuel Ángel Calo Marcote, coñecido por todos no pobo como O Jurjo. Durante a súa vida compaxinou a dura profesión de mariñeiro coa non menos sacrificada da emigración a Suíza.
Aquel día de 1957, no que Manuel Ferrol captou coa cámara a mellor de todas as súas fotos, O Jurjo desprazouse ó porto da Coruña. A súa cara de pranto estaba máis que xustificada: partían para o afastado Bos Aires nada máis e nada menos que os seus pais, unha irmá e varios primos. O desconsolado neno ó que abraza Calo Marcote era Juan, un dos seus cinco fillos, coñecido por todos os fisterráns como Chanquete.
A famosa fotografía é de mediados de século, cando nos peiraos herculinos embarcaron miles de persoas cara a ultramar. O que ninguén sabía, e menos o seu autor, Manuel Ferrol (Cabo Vilán 1923-A Coruña 2003) é que, cos anos, a súa instantánea racabaría nas principais salas de exposición de todo o mundo e, mesmo, en portadas de discos. "Naquel momento non prevía o transcendente que ía ser para o futuro da miña vida profesional", apuntaba en relación do seu traballo o artista camariñano. Curiosamente, a fotografía non foi editada inmediatamente, debido a unha férrea censura á que non lle interesaba divulgar o éxodo que vivía Galicia. Saíu á luz grazas ó Centro de Estudos Fotográficos de Vigo, que lla pediu para a unha exposición e un libro.