Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

música

Ergom publican o seu primeiro disco

25.01.2010 O grupo ourensán condensa en "Fronkiria" o seu estilo Fronky (Folk-Rock-Funky)

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ

O grupo ourensán Ergom está a presentar o seu primeiro traballo musical, oito anos despois da constitución da banda. Tras moitas horas de traballo e xornadas de intensos concertos, sae á luz, dende o barrio ourensán de Velle, este material que condensa baixo o nome de Fronkiria.

O disco deriva da mestura musical do estilo Fronky (Folk-Rock-Funky) e da fantasía que envolve os integrantes do grupo. Realidade e ficción combinada nun material musical que contaxia e hipnotiza, na que non existe a indiferenza.

O seu son orbita arredor de melodías transparentes, intensas baladas, flirteos co funk, clásicos tempos de rock e rítmicos reels, sen descoidar a raíz tradicional dalgún dos seus instrumentos mais sen deixar de lado a evolución e fusión que caracteriza a súa forma de ver a música. Acompañando ao potente traballo musical, Fronkiria existe no mundo virtual grazas a estrafalarias personaxes que aparecen no disco procedentes de galaxias tecnoloxicamente enxebres: naves espaciais a pedais, planetas construídos con estadas, teclados sobre nenúfares, baquetas eletrotérmicas ou poderosas gaitas láser son exemplo do universo dual que representa Fronkiria: Realidade-Fantasía, Tecnoloxía-Artesanía rudimentaria...

Ergom gravou unha primeira demo autoeditada en 2003 nos Estudios Muu! en Vigo, coa produción de Pedro Feijoo e Charly Lincoln. Nesta gravación reflectiron os fundamentos do seu son máis clásico así como os novos camiños polos que discorre a súa evolución e fusión cos demais estilos musicais.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS