Domingo 07.02.2010      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 11 de 11]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

lectura

A cidade, protagonista

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre hoxe as súas portas cunha programación que inclúe unha homenaxe á traxectoria literaria de Agustín Fernández Paz

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

O Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra acolle dende hoxe e até o vindeiro 14 de marzo a XI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que este ano ten os espazos urbanos como protagonistas. A inauguración que se celebrará hoxe no Auditorio do Pazo da Cultura tratará precisamente sobre as Cidades Imaxinarias.

A programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil diríxese a toda a familia e ten como obxectivo que "poidan divertirse e descubrir xuntos o mundo dos libros, como se estivesen no salón da súa propia casa", explican os organizadores. As actividades previstas para todos os públicos inclúen espectáculos, música, conferencias e outros actos, ademais de exposicións, varios obradoiros de animación á lectura e outros relacionados coa literatura e o teatro infantís e xuvenís, que se combinarán con eventos en colaboración cos centros escolares.

O Salón do Libro recoñece este ano a súa traxectoria literaria a Agustín Fernández Paz cunha homenaxe no Pazo da Cultura o vindeiro sábado 13 de marzo de 2010, ás 13.00 horas.

As instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra permanecerán abertas ata o domingo, 14 de marzo e contan cun espazo ambientado polo alumnado da Facultade de Belas Artes, exposicións de traballos escolares e ambientación xeral do Pazo da Cultura pola escola de tempo libre Paspallás. Tamén haberá exposicións sobre a homenaxe a Agustín Fernández Paz e O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier P. Docampo.

A Concellaría de Cultura e o Pazo da Cultura de Pontevedra organizan o Salón, en colaboración coa Consellería de Cultura e Ensino, a Fundación Caixagalicia, a Asociación Sociopedagóxica Galega, a Asociación Galega de Editores, a Banda de Música de Pontevedra, a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, a Biblioteca Virtual Galega, a Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil Galega (BLIX), o Centro Cultural de Monteporreiro, o Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Xunqueira I, o Cine Clube de Pontevedra, Domingos do Principal, ETL Paspallás, Facultade de Belas Artes, Facultade de Ciencias da Eduación, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Fundación Caixanova, GÁLIX, IES Carlos Oroza, Museo de Pontevedra, ONCE, Policía Municipal de Pontevedra, Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e a Casa das Campás, entre outros.

ESPECTÁCULO

As marionetas de Gorakada

O Teatro Principal de Pontevedra acolle hoxe ás 12:00 e ás 18:30 horas a representación do espectáculo "multicultural" La Ciudad Inventada, a cargo da compañía vasca Gorakada.

Na obra conviven varios contos tradicionais procedentes de distintos lugares do planeta, dando lugar a varios encontros orixinais que enriquecerán os seus protagonistas. O obxectivo das marionetas que percorrerán o escenario é quitarlles aos nenos e nenas o medo que teñen a separarse dos seus pais e nais.

A historia comeza cando un neno senegalés coñece unha nena brasileira que non pode durmir desde que o seu pai a abandonou. Os dous protagonistas, que vivían as súas aventuras en contos distintos, comparten as súas dúbidas e os seus medos, ao descubrir que teñen máis en común do que pensaran.

Maui, o personaxe dun conto tradicional neozelandés consegue derrotar a un malvado feiticeiro palestino. Ao tempo, un coello arxentino pide axuda aos seus veciños para recuperar a súa casa, que fora ocupada por un descoñecido.

A duración do espectáculo é de 55 minutos e está recomendado para públicos infantís, a partir dos cinco anos. Ademais, o vindeiro luns haberá unha nova función da obra, que ten o aforo concertado cos colexios na sesión das 11.30 horas.

ACTIVIDADES

Lembranza de Anisia Miranda

O martes 9 de febreiro ás 19:00 horas o Salón do Libro de Pontevedra homenaxeará a escritora recentemente falecida Anisia Miranda cunha lectura colectiva das súas palabras, na cal todas as persoas interesadas na súa obra están convidadas a participar. O evento celebrarase na Casa das campás e o tempo de intervención será de entre 3 e 5 minutos por lector. Ademais, tamén se poderá asistir a espectáculos dirixidos aos máis cativos como Rosalía, a pulga que escribía de Galitoon, Os Bolechas de Caramuxo Teatro ou Pacama de Katarsis. Ademais, ofrecerán conferencias os escritores Xurxo Souto, Inma López Silva ou Marcos Sánchez Calveiro.

Exposicións e obradoiros

O Salón tamén inclúe exposicións e obradoiros. Así, haberá mostras como a bibliográfica A cidade e os libros ou Donde nunca pasa nada de Fruela Alonso, que se inaugurará o vindeiro luns, ás 20:30 horas na Galería Sargadelos de Pontevedra.

Por outra parte, celebraranse talleres gratuítos como o titulado Sonotopías, escoita e territorio do colectivo Escoitar.org, que se desenvolverá do 1 ao 5 de marzo, o Obradoiro de construción de títeres con material de refugallo de Títeres Cachirulo, que será do 1 ao 4 de marzo, ou o taller de animación á lectura de Kamante Teatro, tamén do 1 ao 5 de marzo.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS