Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
Os actores Luís Tosar -galardoado recentemente co Premio Goya polo seu papel de Malamadre en Celda 211-, María Castro, Martiño Rivas, Isabel Risco e Carlos Ares protagonizan a nova campaña en defensa do galego nos centros educativos, impulsada pola Coordinadora de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CENDL).
Precisamente, a Coordinadora presentará hoxe en Compostela a devandita campaña baixo o lema "Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego," composta por dous vídeos que terán unha "ampla difusión escolar e social" e nos que participan tamén o produtor audiovisual Antón Reixa, a gaiteira Susana Seivane e a xornalista Belén Regueira.
O acto terá lugar no Hotel Virxe da Cerca ás 13.00 horas e contará coa presenza de membros dos equipos de normalización e dinamización lingüística, ademais de algúns dos protagonistas da campaña. A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística está formada por profesores que se distinguen pola súa defensa do galego nas aulas.