Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

da fala

A Mesa lembra que non hai xustiza de calidade sen a lingua

12.06.2006 Callón reclámalles reflexión aos xuíces decanos que acordaron innecesaria a obriga de coñecer o galego para exercer a xurisdicción

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. REDACCIÓN

A Mesa pola Normalización Lingüística replícalle aos xuíces decanos que "non hai xustiza de calidade sen o galego" e pídelles que "reflexionen" e non fagan "declaracións frívolas sobre os dereitos lingüísticos". Ademais, a plataforma de defensa da lingua lembra que o Consello de Europa afirma nun informe de 2005 que a xustiza é un dos ámbitos onde máis se vulnera o dereito ao uso do galego. Ao respecto, o presidente da Mesa, Carlos Callón, afirma: "A inmensa maioría da sociedade quere que o galego deixe de estar nunha situación de inferioridade xurídica".

Así de contundente é a reacción da Mesa pola Normalización ás conclusións dunhas xornadas de traballo celebradas polos xuíces decanos galegos, onde se considera "innecesaria calquera obrigatoriedade do deber de coñecer o galego para exercer a xurisdición". O xuíz decano de Ourense, organizador de dito encontro, declaroulle aos medios de comunicación que "no ámbito da xustiza galega non se detectou ningún problema no referente ao uso da lingua".

O Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, lamenta que haxa xuíces decanos que "fagan declaracións frívolas sobre a continuada vulneración de dereitos lingüísticos na Administración de Xustiza en Galiza", unha situación tan precaria que mesmo foi denunciada no ano 2005 polo Consello de Europa.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS