Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

xi edición

Compostela, en pé de pedra

23.06.2006 O festival de danza acolle 26 espectáculos ata o domingo

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E. P. . SANTIAGO

Organizadores e bailaríns onte na presentación do Festival  ‘En Pé de Pedra’ FOTO: GH
Organizadores e bailaríns onte na presentación do Festival ‘En Pé de Pedra’
FOTO: GH

O festival de danza En Pé de Pedra trasladará a danza ás rúas de Santiago desde hoxe e ata o domingo na que será a súa undécima edición. Durante estes días, poderase asistir a 26 espectáculos repartidos por toda a cidade, das que 7 son estreas e 2 preséntanse en España por primeira vez.

Nesta edición participarán 44 bailaríns procedentes de Canarias, Galicia, Madrid, Alemaña, Colombia, Brasil, Xapón e Portugal, que contarán con 3 espazos novos: a sala Chocolataría, a carballeira de San Lourenzo e o parque da Constitución. Ó festival acudirán máis de 20 programadores culturais e medios especializados.

O obxectivo deste evento é "sacar a danza do seu espazo habitual", usando a cidade como marco escenográfico, ou descontextualizándoa en espazos interiores, desprovistos de escenografía, como indicou a programadora do acto, Ana Vallés, durante a súa presentación onte no teatro Galán de Santiago.

O concelleiro de Cultura de Santiago, Néstor Rego, recoñeceu o labor do festival de "achegar a cultura á xente" e a súa contribución a que Santiago "se asente como referente cultural en todo ou mundo". O festival, concibido especificamente para a capital galega e organizado polo teatro Galán, recibiu xa o Premio Galicia 2006 de Artes e Ciencias da Representación e o premio Zapatilla de Artez.

Por parte do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Cristina Trigo lembrou que En Pé de Pedra se mantén grazas á implicación e esforzo de moitas persoas e compañías de danza. O representante do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) anunciou durante a presentación do festival que haberá "momentos doces para a danza" proximamente, xa que tras o verán se executarán varias políticas de apoio á produción e distribución da danza.

Unha das propostas máis sorprendentes de En Pé de Pedra é a do bailarín canario Daniel Abreu e o grupo musical galego Parto, que combinarán nun espectáculo de improvisación a coreografía e a música cun aquófono. Esta estrea, encargado para o festival, representarase na Chocolataría, onde tamén se poderá realizar unha visita interactiva ó aquófono. A nivel internacional, o bailarín xaponés Hiroaki Umeda presentará en España un espectáculo de imaxe, son e danza, que se basea no xogo co espazo, que nesta ocasión será a Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago. O outro espectáculo que se representa por primeira vez no Estado é o do alemán Urs Dietrich, con dúas pezas nas que estoupa o simbolismo e a metáfora.

DATOS

Os "1.800 segundos" de Pisando Ovos

Compañías galegas, como Pisando Ovos, saltan do público ó escenario. Pisando Ovos estréase no festival coa súa proposta "1.800 segundos", que representará os "pequenos momentos que fan que a vida sexa agradable ou desagradable" como describiron dous dos seus integrantes.

Dentro de "En Pé de Pedra", o programa "Puro e duro" ofrecerá coreografías moi breves, ás que Vallés comparou cos relatos curtos en relación coas novelas. Trátase de 5 sós de danza nun mesmo espazo, dos que 4 son estreas, e que supoñen todo un reto.

No marco deste festival, aínda que uns días despois, se impartirá un taller de creación coreográfica no teatro Galán, do 27 ó 30 deste mes.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS