Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

acordo

O documental, un formato de futuro

12.07.2006 O Consorcio presentará en colaboración coa Fundación Casares un estudo sobre o galego no cine

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

O Consorcio Audiovisual de Galicia asinará hoxe coa Fundación Carlos Casares un convenio de colaboración para axudar a financiar con 21.000 euros o curso de verán que hoxe arrinca en Celanova, "Documental. Imaxinar a realidade" e unhas xornadas nas que se presentará un estudo que está a rematar o Consorcio sobre a lingua galega e o cine, con relatores nacionais e internacionais.

Ademais de asinar hoxe este convenio, o director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Nacho Varela participará mañá no curso que se vai celebrar no Mosteiro de San Rosendo até o día 14 cunha conferencia na que presentará o proxecto "Docs" e falará sobre a venda e promoción internacional de documentais galegos.

Varela destaca a relevancia do estudo que o Consorcio está a preparar sobre o galego e o cine. "Queremos falar dunha cuestión que nos preocupa e da que se fala con pouco rigor, como é a relación do cine coa lingua e ofrecer propostas de futuro", asegura. Esta investigación será presentada nunhas xornadas, que, segundo Nacho Varela, prevén organizar a finais de setembro ou outubro en colaboración coa Fundación Carlos Casares.

Outra das iniciativas que ten en marcha o Consorcio, unha institución creada no 2001 para potenciar o audiovisual en Galicia, é o "Proxecto Docs", "totalmente pioneiro no Estado", afirma o xerente do organismo. Consiste en elaborar un catálogo de producións documentais galegas que se distribuirá nos mercados nacionais e internacionais en diferentes linguas e cun DVD que inclúa os documentais que se ofertan.

"En todo o mundo, hai uns 300 ou 400 destinos específicos para vender documentais", sinala Nacho Varela que considera que o documental galego de hoxe en día ten "boas historias e profesionais" que hai que converter en "produtos exportables".

Para o xerente do Consorcio, o documental representa hoxe "un formato con futuro" e cre que para facelo exportable, os profesionais que o realizan terán que rexerse "polo que lle interesa á xente máis que polo documental que un quere facer".

"O idioma non é un problema para exportar o audiovisual"

O idioma non é un atranco para vender o documental galego. Ao ver de Nacho Varela, "non debemos ter criterios restritivos. Existe a subtitulación e pór énfase excesiva en que a lingua condiciona a exportación non é a solución". Segundo opina, o documental galego ten que "recuperar a autoestima e aproveitar estas novas posibilidades que abren o panorama", estima.

O Proxecto "Docs" vai requirir un investimento que aínda non está fixada, pero Nacho Varela confía en que a experiencia colleitada coa iniciativa das Curtas na Rede, que asentou estratexias de distribución coas que agora poder enfocar o documental en Galicia. O convenio, que será asinado hoxe polos responsables de ambas as entidades no Mosteiro de San Rosendo en Celanova, terá vixencia ata o próximo 31 de decembro. Froito da colaboración entre o Consorcio Audiovisual e a Fundación Carlos Casares tamén se promoverán outras iniciativas encamiñadas á difusión e ó achegamento do eido audiovisual galego á sociedade.

NON HABERÁ REMUDA

Varela, ratificado no seu cargo

Por mor do cambio de Goberno, existían certas voces que sinalaban a remuda de Nacho Varela no cargo de director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia. Porén, este profesional vinculado a CTV recoñece que foi consciente deses "rumores" pero que foi ratificado no seu cargo polo Consorcio e séntese "apoiado polo Goberno". Afirma o actual xerente do Consorcio, que "ninguén me formulou a miña destitución, só quedaron en rumores que poderían ter lóxica polo cambio de Goberno hai uns meses pero que agora non teñen sentido." Segundo asegura, "estou encantado co meu traballo e fago o que podo", unha actitude coa que afronta os múltiples proxectos que neste momento realiza o Consorcio.

CURSO

Carlos Velo, na inauguración

O curso "Documental. Imaxinar a realidade" que se inaugura en Celanova está dirixido polo crítico de cine e televisión, Miguel Anxo Fernández que hoxe abrirá as xornadas cunha conferencia sobre Carlos Velo e o seu documental político Universidade comprometida.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS