Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

arte

Díaz Pardo, un inspirador da acción creativa

13.07.2006 O Pazo de Fonseca acolle as obras máis relevantes dos 18 anos do certame plástico da Deputación da Coruña

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ. SANTIAGO

Os apoios a Isaac Díaz Pardo como referente cultural, ético e político de Galicia continúan multiplicándose. Esta vez o respaldo ó intelectual, inmerso nun polémico proceso que o abocou a perder o control de Sargadelos, chega en forma de exposición. O Pazo de Fonseca e a igrexa da Universidade de Santiago (USC) acollen desde onte a mostra Accións estratéxicas, arte actual na Deputación da Coruña, organizada pola institución provincial en colaboración coa USC.

Na sede de Fonseca recompílanse algunhas das obras máis significativas galardoadas no certame de artes plásticas Isaac Díaz Pardo ó longo dos seus 18 anos de historia. Mentres, na igrexa da USC exponse unha selección das creacións realizadas polos artistas participantes no primeiro Encontro de Pintura, celebrado o ano pasado no Pazo de Mariñán.

A mostra retrospectiva do certame Díaz Pardo está integrada por un total de 29 obras doutros tantos autores, que abranguen diversas expresións artísticas como a pintura, a escultura e a fotografía, que foron seleccionadas polos xurados das nove edicións do concurso.

A exposición, na sede do Pazo de Fonseca, conta con obras de Yolanda Martínez Dorda, Almudena Fernández Fariña, Tamara Medal Francesch, María López Ruído, Berta Álvarez Caccamo, Menchu Lamas, Rosa Millarés Parada, Roberto González Fernández, Antonio Carbajo, Salvador Cidrás, Xurxo Martiño, Antón Patiño, Manuel Santiago López Vázquez, Alain Jean Pierre Madri, Cándido Pérez Palma, Manuel Patinha, Suso Basterrechea, Soledad Penalta, Daniel Río (Caxigueiro), Jorge Barbi Alonso, Francisco Pestana, Francisco Pazos, Manuel Paz, Moncho Amigo, Vari Caramés, Dolores Hebel, Xurxo Lobato, Diego Casado e Alfonso Rego.

O certame de artes plásticas "Isaac Díaz Pardo" é xa un clásico, con dezaoito anos de historia, que naceu co obxectivo de promocionar os novos valores da arte na provincia e que hoxe é un evento consolidado no que cada cada ano participan máis artistas, que atopan no certame un estímulo á súa creatividade.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS