Mércores 08.09.2010  | Actualizado 04.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

pop galego

Tras actuar no FIB, o grupo Nadadora tocará o martes en Sevilla

27.07.2006 Ademais de preparar o seu novo disco, queren facer un traballo íntegro en lingua galega

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ALBA BÚA . SANTIAGO

Pola esquerda, Sara, Iñaki, Edu, Montxo, Dani e Gonzalo forman o sexteto Nadadora FOTO: GH
Pola esquerda, Sara, Iñaki, Edu, Montxo, Dani e Gonzalo forman o sexteto Nadadora
FOTO: GH

O seu nome xorde dunha canción do grupo Family, pero para Sara (voz), Iñaki (guitarra), Dani (batería), Montxo (teclados), Edu (baixo) e Gonzalo, Nadadora é moito máis que iso. "A posibilidade de facer o noso soño realidade", di Gonzalo Abalo, unha das voces e guitarras do grupo que acaba de chegar do Festival Internacional de Benicàssim (FIB) e que nos dedicou unhas palabras.

Este sexteto galego, nacido no 2002, comparte moitos dos seus momentos no Grove, o punto de encontro no que xorden as súas melodías de pop tranquilo, pois eles son de lugares diferentes (Caldas de Reis, A Coruña, Vigo no Grove). "Facemos todo no Grove, eu compoño as cancións na miña casa, quedamos e ímolas ensaiando e arranxando día tras día, ata que están listas. Tamén nos xuntamos para pasalo ben, saír e ir a tomar algo, como grupo que somos." Despois do seu paso inesquecible polo FIB e de enchouparse de boas experiencias, están máis dispostos que nunca a seguir traballando duro para facer mellores cancións e algún día volver a Benicàssim, pero "a próxima vez queremos que sexa no escenario verde", afirma ilusionado o guitarrista. A chamada que os levou a Alacante foi decisiva para a súa carreira, pois alí tiveron a oportunidade de experimentar a sensación de ver unha carpa chea de xente que ás 17:30 horas, retaba os máis de 40 graos de temperatura para velos. Ademais, Gonzalo explica que "en todo momento nos trataron coma o resto dos grupos internacionais, comiamos no mesmo restaurante e compartimos fotos, charlas e cervexas con Franz Ferdinand, The Strokes con Pet Doherty dos Babyshambles e cos nosos admirados Mojave 3".

Malia isto, os membros de Nadadora aínda non son moi conscientes de todo o que viviron dende que, no 2005, saíu á venda o seu primeiro disco Todo el frío del mundo. "Non temos moitas destas cousas asimiladas, alucinamos con todo o que nos está pasando, pero cos ollos ben abertos para que non se nos escape nada". Mais, entre a maxia do FIB, houbo unha parte negativa, ao sexteto galego roubáronlle gran parte do equipo musical e tiveron que suspender o concerto que tiñan en Canet de Berenguer (Valencia). "Iso tamén nos axuda a enfocar o grupo como algo máis serio e a darnos conta de onde estamos", explica Gonzalo. Agora Nadadora estase preparando para o concerto do próximo martes no ciclo Nocturama de Sevilla e, en breve empezará a preparar o seu segundo traballo, que teñen previsto sacar nos primeiros meses do 2007.

 

AS RAÍCES

O positivo de ser independentes

Tras gravar dúas maquetas no estudio de Arturo Vaquero (El cielo de antenas e Octubre) e quedar finalistas no Proxecto Demo 2004, organizado polo FIB, os galegos chegaron ao selo Jabalina cun traballo persoal, de aí nace Todo el frío del mundo. Para eles Jabalina "dános total potestade para facer o que queiramos, non temos que facer determinado tipo de música para vender máis". Tamén teñen en mente gravar un disco íntegro en galego, xa que "o idioma na nosa música é fundamental. Nós sempre identificamos Nadadora coa terra na que vivimos, xa que condiciona a nosa perspectiva de ver o mundo e de sentir a música". Eles séntense ante todo da súa terra "somos galegos e levámolo moi adiante"

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS