Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

aniversario

O día grande da blogosfera

30.08.2006 Os "Bloggers" de todo o mundo seguen estreitando os seus vínculos, por segundo ano consecutivo, animando a súa comunidade a coñecer novos enlaces de interese

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

C.LOIS . SANTIAGO

Hai xa dous anos que o israelí Nir Ofir lanzou a iniciativa de unir todos os blogueiros dispersados polo globo co propósito de dar a coñecer novos autores, puntos de vista e enlaces novidosos para a comunidade. A súa proposta consistiu en que todo titular dunha bitácora publique no 31 de agosto, un artigo recomendando 5 novos blogs, preferentemente diferentes á súa propia cultura, punto de vista e posición. A xornada de mañá, convértese nun día para o coñecemento de novos blogueiros e experiencias afastadas do propio contorno máis habitual. A idea do pai da bitácora en Israel triunfou, mañá a globosfera ampliará os seus coñecementos e dentro dela a galega, con ampla experiencia na creación destes espazos dixitais.

Un blog é basicamente unha páxina web con entradas que se organizan cronoloxicamente. Estas bitácoras en formato dixital xurdiron como un espazo para a liberdade de expresión e opinión dun público unido por conceptos e preferencias comúns. Pouco a pouco, a xente foi conxeniando con eles e os espazos evolucionaron incluíndo novas ferramentas como as fotografías. A rápida acollida do fenómeno blog fixo que os espazos na rede se multiplicasen a tal velocidade que hoxe en día resulta moi difícil calcular unha cifra exacta . O buscador especializado Technorati, directorio de referencia na blogosfera, comunicou que o número de bitácoras medrou no 2006 superando en 8 millóns máis que no 2005 e 23 máis que en 2004. Esta cantidade vénse multiplicando por dúas cada seis meses e estímase que cada día ven a luz 75.000 novas bitácorase desde onde se lanzan máis dun millón de artigos.

Blogaliza, o punto de unión para un abano de ofertas

Pouco máis de dez minutos pode ser o tempo estimado para que calquera persoa cree o seu propio blog, contando só cun dominio da rede a nivel usuario. A pesar de que moitas bitácoras se abandonan segundo Technorati, máis de 13,7 millons matéñense en funcionamento e son actualizadas regularmente.

Do mesmo xeito que acontece noutros soportes, na rede cada quen é libre de elixir a información que consome e os gustos de cada visitante son do máis variado. Na comunidade galega, blogaliza constitúese como unha iniciativa á que están ligadas a maioría das bitácoras do país ou polo menos as de máis éxito e que cobren un amplo abano de temas. Hai blogs cun marcado carácter cultural, outros nas que se comenta o día a día, os que se orientan a un determinado campo profesional... O certo é que non se pode ligar cada un deles estritamente a un tema porque son os propios blogueiros os que cos seus argumentos van conformando o que se podería definir como un salón dixital para a conversa.

Espazos para a normalización da lingua e escrita en galego

Nunha comunidade como a galega, onde só o 30% da poboación accede á rede de xeito habitual fronte á media europea do 60%, o desenvolvemento do fenómeno blog é moi importante.

O nacemento constante das bitácoras no seo da comunidade leva a pensar que o blogmillo, como se coñecen os seus usuarios en Galicia, segue medrando. De feito, xa son moitos os que opinan que, desde o punto de vista do uso idioma e da escrita, son uns dos espazos máis normalizados e con máis forza. Nun simposio realizado no 2005 por especialistas na blogosfera, o cálculo apuntaba a que cada ano se rexistran aproximadamente uns 50.000 comentarios en galego incorporados á rede aproveitando as bitácoras. A cifra permite deducir segundo os expertos que en Galicia o 90% de ditos espazos empregan o galego. Quizais neste apoxeo teña moito que ver o propio dinamismo e inmediatez que ofrecen estes anacos de rede, nos que cada lector pode contestar cun comentario, tamén coñecido como post, para que á súa vez sexa analizado por outros usuarios. Aínda que moitos non experimentaron o mundo blog, o alcance destes fragmentos de rede é xa indubidable.

CREADORES E PRODUCTOS DA CASA

Periodistas21 ten orixes de Betanzos

Juan Varela, xornalista nacido en Betanzos e director de Mediathink Consultores, creou en xullo do 2002 a súa bitácora http://periodistas21.blogspot.com, premiada como Mellor Blog Periodístico en Español.

Compartir opinión e preocupacións

A necesidade de difundir o seu traballo máis alá do ámbito académico e de experimentar unha nova maneira de comunicarse levaron o profesor da Universidade da Coruña Juan Freire a crear o espazo nómadas..

Un espazo para o sector da edición

Manuel Bragado editor vigués, director de Edicións Xerais, inaugurou o 3 de xaneiro de 2005 http://bretemas.blogspot.com para, como el dixo, "participar na rede do blogmillo". O blog nace dirixido ao sector da edición.

Un blog con dominio da imaxe

En Aduaneiros sem fronteiras, bitácoras con gran capacidade de convocatoria, a palabra deixa protagonismo ás imaxes que se ofrecen de xeito diario, para interpretar, seguindo un estilo entre a viñeta cómica e o cartel .

As expresións literarias na rede

http://cabrafanada.blogspot.com, do editor de Xerais Fran Alonso (Vigo) naceu no 2004 para converterse nun espazo para a expresión literaria e caracterizados por unha inmediatez que só pode ofrecer a propia rede.

Por explorar o espazo bitácora

O coruñés Enrique Dans, especialista no mundo das tecnoloxías da información, decidiu no 2003 darlle vida a Edans para probar o que era o mundo blog e os camiños que lle permitiría experimentar.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS