Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

de cine

Buraco negro en Encrobas

10.09.2006 Xosé Bocixa recupera a situación que están a sufrir os habitantes deste val de Cerceda ante a chegada dunha mina de carbón en "A ceo aberto"

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . COMPOSTELA

Manolo do Pumariño, chamado así pola aldea onde se criou e que xa non existe grazas á expansión da mina de Fenosa en Cerceda, recupera a súa memoria para o documental As Encrobas. A ceo aberto, que está acabando de rodar o director e guionista Xosé Bocixa e que ten prevista a súa estrea en novembro.

Hai once anos, obrigado a marchar do val, Bocixa non esqueceu ese desterro que primeiro converteu nun guión de ficción e que agora regresa como a voz dunha ferida aínda aberta. Nos anos 70 as Encrobas erixiuse como centro da revolta rural para protestar contra as expropiacións que estaba levando a cabo Fenosa ó descubrir que no "val se podía extraer carbón", afirma o director. Co apoio "do consello de ministros de Franco" a empresa eléctrica comezou a quedar coas terras o que avivou máis as conciencias dunha Galicia durmida. Partidos como o NAP, a UPG, sindicatos e estudantes uníronse á causa dos veciños que a través de manifestacións e cargas da Garda Civil chamaron a atención da cidadanía.

"Ata o ano 78 non se asinou un acordo" polo que a contía de expropiación ascendía "das 30.000 pesetas por ferrado" que nun primeiro momento se ofreceron ata as 350.000, lembra Bocixa. Este cambio económico levou a moitos a decidirse, polo menos xa non regalaban as terras, mentres outros entendían que "hai cousas que non se pagan con cartos", esta diversidade de opinións aparece reflictida en A ceo aberto.

A dimensión da mina de carbón de Fenosa, que aínda adiministra a Sogama, sempre "foi ocultada tanto por Fenosa como pola Administración", pero os veciños vían como o burato da explotación medraba e con el "as fendas nas casas e nas estradas, os cortes de auga e os movementos de terra" subliña o director e guionista. A esta situación hai que engadirlle a desaparición masiva das aldeas, Bocixa lembra como "da súa vila cun centenar de casas non queda nada" e preto de 1.000 persoas tiveron que deixar as súas vivendas.

A piques de rematar a rodaxe este mes, o músico e xornalista prevé facer a edición en outubro para poder estrear o documental en novembro, que xa está en negociacións coa TVG. As Encrobas. A ceo aberto conta cunha subvención da Xunta e co apoio técnico e humano de Videa Film e co fisterrán Benjamin Trillo Díaz, na dirección de fotografía e con Mon Soares na realización-edición.

VISIÓNS

A voz de veciños, Fenosa e a Administración

Sen voz en off, son os veciños, a administración e a compañía eléctrica os que van narrando os acontecementos que acaeceron na parroquia dende os anos 70 e que hoxe en día aínda non pechou a páxina da súa historia.

Preto de 30 personaxes protagonizan este documental que reflicte a diversidade de opinións dos veciños, algúns emigrados, "importáballes pouco vivir alí", pero para outros Encrobas é algo máis que cartos, explica o director. Tamén se recolle a postura do alcalde de Cerceda, José García Liñares, que tras multiplicar "por 200 os ingresos" no concello non crea moita oposición.

En canto á Administración está prevista unha reunión con representantes de Medio Ambiente para que ofrezan a súa postura ante o inmenso buraco negro que está devorando as Encrobas.

Pola súa parte, a compañía elétrica de Fenosa, que explota estas terras a través de Lignitos de Meirama, "xoga" cos veciños chegando a dicirlles que "a luz coa que operan a un neno nun hospital" depende deste enclave en Cerceda, explica o director.

A mina que aínda está en activo conta con escasos traballadores, xa que a maioría foron prexubilados, e na actualidade "está esgotando as reservas de carbón" confirma Bocixa.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS