Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

Cortázar forza o reencontro

29.09.2006 Non foi efusivo, pero finalmente foi: o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, compartiron onte a inauguración da mostra de Cortázar en Compostela. A víuva do escritor, Aurora Bernárdez, serviu de ponte na cerimonia.

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. MARÉ

Ánxela Bugallo (dereita) xunto a Emilio Pérez Touriño, Aurora Bernárdez e a muller do presidente, Esther Cid durante a ianuguración da mostra de Cortázar FOTO: GH
Ánxela Bugallo (dereita) xunto a Emilio Pérez Touriño, Aurora Bernárdez e a muller do presidente, Esther Cid durante a ianuguración da mostra de Cortázar
FOTO: GH

Ler imaxes: o arquivo fotográfico de Cortázar é o título da mostra que onte abriu o Outono Cortázar e que amosa, en dous espazos de Compostela, o Pazo de Compostela e a Igrexa da Universidade, boa parte do legado de Julio Cortázar que a súa viúva, Aurora Bermúdez, doou a Galicia. O legado, segundo o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, "une para sempre" a Cortázar con Galicia e as súas palabras foron, en verdade, unha premonición do marcado símbolo político que supuxo a inauguración: a titular de Cultura, Ánxela Bugallo, ocupou un lugar principal do acto, algo pouco frecuente despois dos continuos desencontros entre o presidente socialista e a conselleira nacionalista.

E é que a ianuguración se converteu no acto cultural máis solemne que desenvolveu o Goberno galego desde a chegada á Xunta: desde o conselleiro da Presidencia, Méndez Romeu, ao alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, pasando polo delegado do Goberno central en Galicia, Manuel Ameijeiras; o rector da Universidade de Santiago, Senén Barro; o director xeral de Comunicación, Fernando Salgado, e unha longa lista de altos cargos e responsables de entes autonómicos, como a radio e a televisión. E, incluso, estiveron, políticos do BNG, o cal converteu o acto nunha auténtica confluencia do bipartito.

Cortázar, indicou Touriño, converte a Galicia nun "país un pouco máis universal" . Aurora Bernárdez , mestra de cerimonias da reconciliación, asegurou que estaba asombrada da rapidez con que tomou forma o legado do escritor e destacou a súa vinculación con autores galegos.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS