Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Comunicación  |  RSS - Comunicación RSS

MULTIMEDIA

Correo TV empeza hoxe a súa emisión en probas

15.01.2007 "Faladoiro", presentado por Susana López, é o primeiro programa de produción propia da nova canle de tele do Grupo Correo

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Presentadores sentados e demais persoal de Correo Televisión nun dos set da nova canle FOTO: Antonio Hernández
Presentadores sentados e demais persoal de Correo Televisión nun dos set da nova canle
FOTO: Antonio Hernández

Coa retransmisión en directo da sesión extraordinaria do Congreso dos Deputados na que o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, informará da política antiterrorista, comeza hoxe as súas emisións Correo Televisión, a nova canle televisiva do Grupo Correo Gallego.

O inicio do pleno está fixado para as catro da tarde. Pola noite, ás dez, emitirase Faladoiro, dirixido e presentado pola xornalista Susana López. Trátase dun programa de debate, de produción propia, no que xunto coa moderadora, catro contertulios debullarán de luns a venres a actualidade local, autonómica e estatal, con especial referencia a Compostela e a Galicia.

Neste primeiro programa, os convidados son xornalistas da casa: Caetano Díaz, director de GALICIA HOXE; Luis Pousa, subdirector de EL CORREO GALLEGO e os columnistas e responsables de opinión do mesmo xornal, Carlos Luis Rodríguez e Xavier Navaza. No decurso dunha hora farán balance político do ano pasado e analizarán deseguido o que nos pode deparar o actual.

Correo TV comeza a súa andaina, en probas, na Rúa Preguntoiro, 29, mentres se efectúan os axustes precisos da calidade técnica do sinal de emisión, que se realiza a través de Retegal desde O Pedroso, sintonizando a canle 60 en UHF, a 44 do reemisor de Montouto, ou con Retevisión, na 55 das Cancelas. Tamén se están a facer medicións para chegar a tódolos concellos da comarca con boa calidade de imaxe.

O resto da programación complétase cunha variada oferta de Distrivisión, empresa subministradora de contidos de televisión, con sede na Coruña, do produtor e empresario José María Besteiro, responsable de Libro de Familia. Correo TV emitirá durante as 24 horas.

Cómpre lembrar que o Grupo Correo Gallego recibiu da Xunta licenza para catro canles de televisión dixital terreste (TDT). Corresponden ás demarcacións de Santiago, Ribeira, Lalín e Vimianzo, co que cubrirá o corazón de Galicia chegando a unha poboación que supera o medio millón de habitantes. Correo TV adiántase á era dixital, cun proxecto que en contidos e tecnoloxía servirá para entrar de cheo no futuro das telecomunicacións. Coa televisión, completa a súa actividade multimedia de prensa, radio, internet, produtora e división editorial.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS