Xoves 21.05.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 4]noticia anterior de Comunicación Comunicación  |  RSS - Comunicación RSS

consello

Sánchez Izquierdo será o novo director da CRTVG

O Goberno aprobará hoxe o nomeamento do ex director de "La Región" coa oposición do PSdeG que o acusa de incumprir os compromisos

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AXENCIAS . SANTIAGO

Alfonso Sánchez Izquierdo, periodista e profesor en Xornalismo FOTO: G.H.
Alfonso Sánchez Izquierdo, periodista e profesor en Xornalismo
FOTO: G.H.

O Goberno galego de Alberto Núñez Feijóo aprobará na reunión de hoxe do consello a proposta de nomear como director xeral da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) a Alfonso Sánchez Izquierdo, ex director do xornal La Región ata xullo do ano pasado. Esta proposta non contará co consenso dous dous grupos da oposición, PSdeG e BNG.

A piques de arrancar a campaña electoral para as eleccións europeas do 7 de xuño, a designación deste cargo levou onte a polémica ao pleno da Cámara, onde os populares aseguraron que o nome fora consensuado cos socialistas, pero estes negárono e acusaron ao PP de "impedir o consenso" no nomeamento do director da CRTVG. Pola súa banda, o BNG recoñece que non o consultaron ata onte.

O secretario xeral do PSdeG e voceiro do Grupo Parlamentario Socialista, Manuel Vázquez, aproveitou a pregunta ao presidente para asegurar que a Xunta tiña previsto aprobar hoxe unha proposta "unilateral" e acusouno de "incumprir" así o compromiso electoral de "acordar" o nomeamento do director xeral da CRTVG no Parlamento. Fronte a iso, Núñez Feijóo denunciou a "falsidade" da afirmación de Vázquez e asegurou que este nomeamento se pactou co PSOE, que supostamente lle deu "o seu visto e prace" ao candidato. Nas conversacións, nas que non participou o BNG, segundo os populares baralláronse tamén os nomes de Anxo Quintanilla, Arturo Maneiro e Bieito Rubido por proposta do PP.

Segundo explicou Feijóo, tanto el como Vázquez reuníronse co candidato e "houbo conformidade". Tras o debate aberto no hemiciclo, o vicevoceiro do Grupo Parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga, compareceu ante os medios e ratificou as palabras de Feijóo, reiterando que eses encontros "existiron" e que o PSOE "sinalou" a Sánchez Izquierdo como un candidato "aceptable". O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista, Xaquín Fernández Leiceaga, recoñeceu a existencia de "conversacións exploratorias" entre PSdeG e PP encamiñadas a buscar un nome de "consenso" para a CRTVG e admitiu tamén que a intención era incorporar "posteriormente" ó BNG.

Longa traxectoria profesional

Nacido en Marrocos en 1949, Sánchez Izquierdo desenvolveu case toda a súa vida profesional na "La Región", onde traballou durante 35 anos e chegou a ocupar o cargo de director. Licenciado en Dereito e en Ciencias da Información pola Universidade Complutense tamén traballou na axencia Efe. Agora imparte docencia na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago.

Puy Fraga: "Houbo lealdade"

O popular Puy Fraga recoñeceu que a intención do Goberno galego era, efectivamente, dar luz verde á proposta supostamente "pactada" co PSOE hoxe, pero insistiu en que existía un "acordo" previo cos socialistas e resaltou a "lealdade" coa que se levaron as negociacións.

"A lealdade foi tanta que Vázquez anunciou que a proposta iría ao consello porque o dixémos nós", explicou Puy Fraga, quen avanzou tamén que o voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, comunicou onte a proposta ao BNG para que "entrase" nas negociacións.

 

Aymerich: "Un "paripé"

Na súa comparecencia ante os medios, o nacionalista Aymerich confirmou que Ruiz Rivas se dirixiu ao termo da sesión plenaria para comunicarlle nunha conversación "informal" que a Xunta ía aprobar a proposta de nomeamento de Sánchez Izquierdo no consello de hoxe e que o PSdeG "estaba de acordo".

"Despois o PSOE díxome outra cousa, pero alá eles", matizou o nacionalista e criticou duramente a "exclusión" do BNG nas conversacións para designar o novo director xeral da CRTVG. "Valente consenso", amoestou e acusou a Núñez Feijóo de impulsar "un paripé" na Cámara.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS