Martes 04.08.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Comunicación | Televisión Española estrea mañá a serie xuvenil Friday night Lights. Baseada na novela homónima do escritor H.G Bissinge, que tamén se adaptou para a gran pantalla, a nova ficción estadounidense emitirase de luns a venres ás 20.00 horas en La2.
A serie ambiéntase nun pequena vila rural de Texas chamada Dillon, onde o cobizado anel do campionato estatal de fútbol americano é considerado o máis alto galardón, a máis alta recompensa que a vila pode chegar a conseguir. En Dillon, o fútbol americano do instituto non é só un deporte, é unha forma de vida. Desta forma, as aulas do instituto local e un campo de fútbol americano serán os escenarios principais onde se desenvolverá a primeira tempada de Friday night lights.
En Estados Unidos, a serie, gañadora de dous premios Emmy entre outros galardóns, vai pola súa terceira tempada tras emitirse con éxito na cadea NBC. A historia comeza cun feito importante, o nomeamento do novo adestrador do equipo local de fútbol americano de "Os Phanters", Eric Taylor (Kyle Chandler). Este home chegará a Dillon xunto coa súa familia co obxectivo de levar ó equipo á final do campionato estatal.