Luns 17.08.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 1] Comunicación  |  RSS - Comunicación RSS

HOMO ZAPPING

Ollada de hoxe: Chiu Longina

5.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XABIER SANMARTÍN

 Chiu Longina ten máis dun televisor. "Estou diante da tele todos os días ó mediodía e ás doce da noite, cando vou para a cama, porque tamén temos tele no cuarto..." . Chiu non é alguén de fácil conformar e revisando as diferentes grellas non remata moi feliz. "Agora non hai nada que encaixe comigo. Lémbrome do Canal C, espazo que houbo hai uns anos en Canal Satélite e nos canais xerais de R, e aquelo si que era tele de vangarda..." Ve moitas series, pero sempre previa descarga vía internet "e nun formato de alta definición a través dun proxector de video". Opta por V.O. con subtítulos e cita varias ficcións que aínda non chegaron ás cadeas estatais. Adora Perdidos, pero tamén visiona True Blood, Breaking Bad, In Traetment, Big Love, Shameless, The big bang Theory, The Office... El mesmo recoñece ver "moita televisión", e tamén cita Buenafuente, Alalá, a CNN e o telexornal nocturno de Vicente Vallés. Xa pensando na TVG, é ben elocuente: "A TVG non sintoniza co tempo real do mundo en moitas ocasións, anque ás veces iso é un valor, porque se ve que non hai a presión do capital. Na Galega estráganse moitos cartos públicos e con moitos menos poderíase facer unha moi boa tele. Hoxe, coa domesticación das tecnoloxías, facer tele é máis barato que hai dez anos, un exemplo pode ser Balzac TV, canle en internet de alta definición e acorde ás temáticas que interesan ás novas xeracións..." Título para unha serie sobre o teu traballo: "Paisaxe Sonora e Auralidade"

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS