Sábado 03.10.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 2 de 5]noticia anterior de Comunicación Comunicación  |  RSS - Comunicación RSS

Sete de cada dez editores ingleses barallan cobrar por ver en internet

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE

Os editores británicos empezan a cambiar de opinión. Hai apenas dous anos, menos da metade cría que houbese marxe para cobrar polo seu contido en internet. Hoxe, sete de cada 10 barallan a idea e algúns se dispoñen a levala a cabo antes de que acabe o ano. É a proba dun cambio de vento no sector que iniciaron as cabeceiras de Rupert Murdoch pero que parece abocado a estenderse. O dato pertence a unha enquisa da Asociación de Editores Online, publicada onte e que representa 28 empresas de comunicación británicas. Entre elas, as editoras do Financial Times, o Mirror, o Daily Telegraph e News International, responsable dos diarios The Times e The Sunday Times e The Sun. Segundo a enquisa, as empresas de comunicación teñen moi claro cales son os seus inimigos na área que se abre: o Goberno, Google e a BBC. Os editores británicos intúen que non será fácil cobrar por ler as noticias porque os lectores as terían gratis cun par de clics máis en calquera dos agregadores.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS