Sábado 07.11.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Comunicación | Antena 3 estrea este domingo ás 21.45 horas Padres, unha serie diaria que intenta reflectir con humor as relacións entre pais e fillos de dúas familias, fuxindo do chiste fácil, segundo se asegurou onte na súa presentación. Protagonizada polos actores Lola Marceli, José Barón, Cristina de Inza e José Ramón Iglesias, é unha tira cómica que provén da exitosa serie canadense Les parents, e que Antena 3 adaptou para emitir de domingo a mércores tras o informativo da noite. Para a actriz Lola Marceli, a nai da familia Nieto, Padres é "unha serie arriscada e nova, coa que se recupera o bo ambiente de ver algo cun ton positivo na televisión". Cristina de Inza, que interpreta a cabeza de familia dos Mellizo, abunda no carácter familiar da audiencia potencial desta estrea: "Facía falta unha serie simpática e familiar coma esta". En Canadá, onde se emite en formato semanal, a serie converteuse nun "acontecemento social", segundo José Velasco, conselleiro delegado de Zebra, a produtora que factura a versión para Antena 3.
Velasco resaltou o esforzo de guións para esa adaptación, pois "facer unha serie diaria de humor é o máis difícil que existe, tendo en conta ademais que intentamos fuxir do chiste fácil", e dixo que Padres pode valorarse como "unha reacción empresarial ante a crise".