Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Comunicación  |  RSS - Comunicación RSS

cambios

A TVG elimina tres dos seus espazos culturais

04.12.2009 Programas consolidados como "Miraxes", "Libro Aberto" e "Onda Curta" desaparecen e outros como "Planeta Cine" reestrutúranse

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ROSA RODRÍGUEZ . SANTIAGO

Programa de ‘Libro Aberto’, co seu presentador Manolo Romón, á esquerda, cuns invitados  FOTO: TVG
Programa de ‘Libro Aberto’, co seu presentador Manolo Romón, á esquerda, cuns invitados
FOTO: TVG

A dirección da TVG decidiu prescindir de tres dos seus programas culturais, Miraxes, Libro Aberto e Onda Curta ademais de reestruturar outros como Planeta Cine. En total son catro persoas as que perden o seu posto de traballo. A última emisión de Miraxes será o día 20 de decembro. Os tres redactores fixos do espazo, Xandra Tedín, Montse Montaos e Miguel Fernández xa recibiron a carta de despedimento. Miraxes, que presentaba as novidades dos eidos artísticos e culturais do país, contaba con sección de reportaxes, axenda de actualidade, cine e música e nos últimos tempos estaba obtendo un bos resultados de audiencia.

 

Cambios na programación pola chegada do Nadal

Pola súa banda a derradeira emisión de Libro Aberto, será o día 15 deste mes. Non está previsto gravar novos programas tras o descanso de dúas semanas debido á programación especial de Nadal. Libro Aberto contribuía ao fomento da lectura e apoiaba o traballos dos escritores, estaba consolidado na grella dende o ano 2006. Libro Aberto tamén visitou clubs de lectura, bibliotecas, librerías e outros espazos, sempre cos libros como protagonistas

Onda Curta, que amosaba as creacións dos cineastas galegos e con atención especial aos novos talentos, remata tamén este mes o seu periplo pola Galega. A Carlos G. Meixide, director do programa, foille rescindido onte o seu contrato co ente público. A derradeira oportunidade para ver Onda Curta é o próximo 14 de decembro. Tamén se prevé unha reestruturación de Planeta Cine coa súa posible incorporación a outro programa da cadea. A súa última emisión está prevista para o dazaoito de decembro para pasar logo a un descanso navideño.

A Televisión de Galicia non quixo onte pronunciarse sobre os cambios na súa grella. Si confirman que haberá modificacións na programación debido a temporada de Nadal como ven sendo habitual nos últimos anos e na maioría das canles.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS